Evento
Vende os teus produtos en Facebook e Instagram
| Data Inicio: | 15/12/2020 17:00 | ||
| Data Fin: | 15/12/2020 18:00 | Duración: | 1:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Ponteareas | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Desde a súa popularización, o fin último das redes sociais non foi a venda directa, senón o “social selling”. É dicir, a súa utilización por parte de negocios ou profesionais consistía en conectar e fomentar conversacións con posibles clientes e clientes, co fin de establecer unha relación de confianza e acompañalos no proceso de compra. Pero, e se unha vez afianzada esta relación de confianza, sen saír da rede social, permitimos que os nosos clientes dispoñan do noso catálogo de produtos para a súa compra (case) directa? Dous das redes con máis usuarios activos na actualidade, Facebook e Instagram, xa o permiten, e neste taller veremos os requisitos, configuración e estratexias para implementar o noso catálogo de produtos en Facebook e poder compralo directamente desde as nosas publicacións en Facebook e Instagram. Índice de contidos: - Introdución: As RRSS como ferramenta de venda directa - Crea a túa tenda en Facebook - Vende a través de Instagram - Exemplos de éxito O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital. | |||
| Url do Evento: | https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc3F2PmICFw-RSDDeYQhbjFfaYcC9PGBmM07KIFnnma8unjwQ/viewform?usp=sf_link | ||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse