Evento
Ponteareas - Empresas de actividades turísticas e plataforma de comercialización en liña
| Data Inicio: | 20/02/2020 17:00 | ||
| Data Fin: | 20/02/2020 19:00 | Duración: | 2:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Ponteareas | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
As actividades no destino xa representan o terceiro compoñente de gasto turístico a nivel global. Este taller está dirixido a empresas turísticas que engloban na súa actividade diversos servizos de lecer e animación, para viaxeiros, turistas e poboación local. Contido: - Introdución - Técnicas de márketing para a súa promoción - Plataformas tecnolóxicas de comercialización - Boas prácticas Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo. | |||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse