Evento
O Porriño - O teu plan de márketing dixital paso a paso
| Data Inicio: | 28/05/2019 19:00 | ||
| Data Fin: | 28/05/2019 21:00 | Duración: | 2:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme O Porriño | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
En numerosas ocasións os emprendedores e empresas consolidadas lánzanse a realizar accións de márketing online, sen ter un plan de márketing dixital previo: publicar calquera contido e en calquera momento en redes sociais, crear un artigo no blogue sen realizar un estudo previo da temática, facer publicidade sen un obxectivo claro… A consecuencia: o fracaso das súas campañas dixitais. Un Plan de Márketing Dixital é esencial para que unha empresa teña éxito na contorna online. Neste taller entenderemos que é un plan de márketing dixital, para que serve e como crear o noso paso a paso cun exemplo real. Contidos: • Que é un Plan de Márketing Dixital • Por que o necesito? Beneficios • Pasos para crear o teu Plan de Márketing Dixital Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. | |||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse
Rexistro
Calendario eventos
| « | Xaneiro 2026 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | 3 | 4 | |||
| 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
| 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
| 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
| 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | |
- Mellora de procesos con IA II - Márketing con IA, contido que impacta26 de xaneiro de 2026 17:00Máis información
- Instagram para principiantes I27 de xaneiro de 2026 12:00Máis información
- Programas de xestión hostaleira28 de xaneiro de 2026 12:00Máis información
- A túa marca nun QR, tarxetas para destacar28 de xaneiro de 2026 17:00Máis información
- Mellora de procesos con IA III - Estratexia baseada en datos29 de xaneiro de 2026 12:00Máis información
- Instagram para principiantes II29 de xaneiro de 2026 17:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento