Pontevedra - Facebook para promocionar o teu negocio turístico

Data Inicio:  06/11/2018 18:00    
Data Fin:  06/11/2018 20:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Facebook é unha importante ferramenta de comunicación directa cos clientes potenciais e clientes. Implementando unha boa estratexia de márketing poderás atraer a un público máis cualificado e alongar a súa experiencia coa túa marca unha vez acabasen a súa viaxe, o que che permitirá acceder a máis segmento de mercado. Grazas á cantidade de información que ten dos seus usuarios, Facebook permite ás empresas turísticas dispoñer de información valiosa sobre os intereses e preferencias dos viaxeiros e mesmo dos lugares aos que viaxaron. 

Índice de contidos:
- Introdución. 
- Guía rápida de creación da túa conta en Facebook para empresas.
- Estratexias de márketing para aumentar a túa visibilidade.
- Publicidade en Facebook: Facebook ads e “Suxestións de Viaxe”. 

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola  Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola  Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Febreiro 2026 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento