Evento
Ponteareas - 10 aplicacións que mellorarán o aspecto do teu Instagram
| Data Inicio: | 16/10/2018 18:00 | ||
| Data Fin: | 16/10/2018 21:00 | Duración: | 3:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Ponteareas | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Con este obradoiro axudarémosche a mellorar o aspecto do teu instagram a través de 10 aplicacións que marcarán a diferenza do teu contido respecto ao da túa competencia. Veremos como mellorar o noso feed, como crear vídeos curtos e dinámicos, como engadir música sobre as nosas fotografías ou vídeos , etc. En definitiva, darémosche as claves necesarias para conquistar á túa audiencia mellorando o contido do teu perfil. Índice de contidos: - Que é Instagram e como funciona - Como posiciona a nosa biografía de instagram - A importancia do "Bigpicture" - Con que aplicacións podemos organizar o noso feed - Que son as instagram stories - Funcionalidades que nos ofrece a aplicación - Como crear contido dinámico - Que aplicacións usar para edición fotográfica - Cales son as mellores aplicacións para editar stories - Que aplicacións usar para editar vídeos curtos O obradoiro será impartido por Tania Pérez Arribas. Directora de tamarino. Web & Márketing. Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, desenvolve a súa carreira en torno ao deseño e a fotografía especializandose desde 2015 en márketing dixital. | |||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse