Evento
Vigo - Plan de marketing online para empresas turísticas
Data Inicio: | 18/09/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 18/09/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Vigo | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
O marketing turístico é un dos que maiores transformacións está a ter na era dixital. Hoxe en día xa non se poden facer plans de marketing que non incluan un plan de marketing dixital. O marketing dixital turístico e as súas ferramentas permiten as empresas turísticas alcanzar novos clientes e medrar online. Unha boa xestión do marketing online fará a túa empresa turística sexa máis competitiva. Índice de contidos: . Introdución. . Que é o Márketing Dixital? . Márketing de contidos e as súas estratexias . Ferramentas de Márketing Dixital. O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse