Mellora de procesos con IA III - Estratexia baseada en datos

Data Inicio:  29/01/2026 12:00    
Data Fin:  29/01/2026 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Aprende a utilizar a intelixencia artificial para comprender mellor as vendas, analizar a competencia e tomar decisións baseadas en datos de forma sinxela, sen necesidade de ser experto en matemáticas. Un taller práctico para transformar información en estratexia e facer que os teus números traballen para ti.

Índice de contidos: 
1. Introdución á análise de datos con IA
2. Ferramentas para interpretar vendas e tendencias
3. Análise da competencia con IA
4. Decisións baseadas en datos sen complicacións
5. Casos reais e exemplos prácticos

O obradoiro será impartido por Manuel Tornos, asesor do CPED (Centro de Desenvolvemento Industrial Informatizado) de Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Tamén é licenciado en Administración de Redes e Sistemas.	
Url do Evento: https://forms.gle/AF9NAqdG2X4LrRFX8
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse