Protección de datos para as pemes II - Defende a túa empresa

Data Inicio:  15/01/2026 12:00    
Data Fin:  15/01/2026 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Neste obradoiro aprenderás como protexer o teu negocio fronte a riscos dixitais e garantir a seguridade da información. Veremos medidas básicas de ciberseguridade que calquera peme pode aplicar (contrasinais seguros, copias de seguridade, uso de VPN), como auditar de forma sinxela os teus procesos de datos e como previr ataques mediante a concienciación do equipo. Tamén abordaremos os riscos sociais, como a enxeñaría social, e por que as persoas son a ligazón máis feble (e máis importante) na cadea de seguridade.

Índice de contidos:
1. Ciberseguridade básica: medidas técnicas que calquera peme pode aplicar (contrasinais, copias de seguridade, VPN).
2. Prevención activa: como auditar de forma sinxela os nosos procesos de datos.
3. Riscos sociais: enxeñaría social e o papel crítico das persoas.
4. Cultura de seguridade: estratexias para concienciar e formar ao teu equipo.

O obradoiro será impartido por Manuel Tornos, asesor do CPED (Centro de Desenvolvemento Industrial Informatizado) de Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Tamén é licenciado en Administración de Redes e Sistemas.	
Url do Evento: https://forms.gle/kdfvxexL9yrUfR2F7
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse