Evento
Ciberseguridade VII - correo electrónico e menxasería
| Data Inicio: | 23/12/2025 12:00 | ||
| Data Fin: | 23/12/2025 13:00 | Duración: | 1:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Barro-Meis | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Para pechar o itinerario de ciberseguridade, dedicamos esta última sesión a revisar como usar correctamente o correo electrónico e as aplicacións de mensaxería máis habituais. Aprenderás boas prácticas para evitar ataques como phishing, suplantación de identidade ou fugas de información, garantindo a seguridade persoal e a protección dos datos e recursos da túa empresa. Porque unha comunicación segura é clave para manter a confianza e a continuidade do negocio. Índice de contidos: 1. Uso axeitado das aplicacións de correo electrónico e mensaxería no lugar de traballo 2. Como detectar e deter os ataques de phishing e roubo de identidade 3. Previr a transmisión accidental ou maliciosa de datos sensibles 4. Garantir a protección dos recursos da empresa en cada mensaxe enviada 5. Comunicación segura como piar da continuidade do negocio O obradoiro estará dirixido por Manuel Tornos, consultor do CPED de Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías, e administrador de redes e sistemas. | |||
| Url do Evento: | https://forms.gle/inunT1Vsw5n7PXsf6 | ||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse