Evento
Ciberseguridade para PEMEs: comeza o teu itinerario seguro
| Data Inicio: | 01/12/2025 12:00 | ||
| Data Fin: | 01/12/2025 13:00 | Duración: | 1:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Barro-Meis | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Neste primeiro encontro faremos unha introdución ao itinerario de ciberseguridade para PEMEs. Analizaremos as principais vías polas que pode entrar o malware na túa empresa e veremos que cambios operativos, de funcionamento e de infraestrutura son necesarios para reducir riscos e evitar consecuencias graves. Tamén repasaremos as medidas de contención máis efectivas e presentaremos os talleres que completarán este itinerario ao longo do mes. Índice de contidos: 1. Introdución ao programa e por que a ciberseguridade é un investimento, non un gasto. 2. Análise dos principais puntos de entrada do malware na empresa. 3. Que cambios operativos e de infraestrutura son urxentemente necesarios para reducir a superficie de ataque. 4. Medidas de contención eficaces para evitar consecuencias graves en caso de incidente. 5. Presentación dos obradoiros que completarán o mes e como están interconectados. O obradoiro estará dirixido por Manuel Tornos, asesor do CPED Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Tamén é administrador de redes e sistemas. | |||
| Url do Evento: | https://forms.gle/AedwQDfdTcXby4tk9 | ||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse
Rexistro
Calendario eventos
| « | Marzo 2026 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | ||||||
| 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
| 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
| 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
| 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
| 30 | 31 | |||||
- Linkedin para empresas e profesionais10 de marzo de 2026 12:00Máis información
- Contido para Redes Sociais: como atraer clientes18 de marzo de 2026 12:00Máis información
- SEO para e-commerce: posiciona a tua tenda en liña con Google26 de marzo de 2026 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento