Evento
Introdución ao Lean Startup
| Data Inicio: | 30/10/2025 12:00 | ||
| Data Fin: | 30/10/2025 13:00 | Duración: | 1:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Ponteareas | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. Neste obradoiro afondaremos nos principios básicos da metodoloxía Lean Startup, un enfoque práctico e dinámico para crear e xestionar novos proxectos emprendedores. Aínda que o nome poida parecer complexo, veremos que os seus fundamentos son sinxelos e aplicables a calquera idea de negocio. Este obradoiro está pensado como un primeiro asesoramento emprendedor, cun enfoque participativo e accesible. Índice de contidos: 1. Activa o "chip emprendedor" 2. Diferencia entre: saber o que vendes e identificar por que a xente está a mercar o teu produto. 3. Vendas e comunicación: claves do emprendemento. 4. Identificación de ferramentas Lean. O obradoiro será impartido por Sabela Álvarez, asesora de emprendemento, licenciada en comunicación e formadora acreditada; con máis de 10 anos de experiencia en empregabilidade, emprego e emprendemento. | |||
| Url do Evento: | https://forms.gle/vuumktS7VCLMG3dM8 | ||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse