Fai que te atopen II. SEO en Redes Sociais

Data Inicio:  16/10/2025 12:00    
Data Fin:  16/10/2025 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Ponteareas 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Este obradoiro intensivo de 60 minutos está deseñado para emprendedores, creadores de contido e empresas que queiran aprender a usar as redes sociais estratexicamente para crecer, conectar co seu público e vender máis.

Abordaranse os fundamentos da comunicación dixital, as diferenzas entre plataformas, as mellores prácticas para a creación de contido, o algoritmo e as tendencias clave para 2025. Ao finalizar, os participantes terán un plan de acción claro de 5 pasos para mellorar a súa presenza nas redes sociais, evitar erros comúns e aproveitar ferramentas que aumenten o seu alcance.

Índice de contidos: 

1. Estratexia e planificación
2. Contido que conecta
3. O algoritmo e as mellores prácticas
4. Ferramentas e tendencias para 2025
5. Plan de acción e exemplos prácticos

O obradoiro será impartido por Guillermo Nass, TSU en Deseñador Gráfico Publicitario do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, entusiasta da cor e do deseño con experiencia en web, Wordpress, posicionamento en redes sociais, márketing dixital, entre outros.
Url do Evento: https://forms.gle/kc5ZTu2LbHG7JDMH7
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse