Evento
Google Analytics para a toma de decisións
Data Inicio: | 04/09/2025 12:00 | ||
Data Fin: | 04/09/2025 13:00 | Duración: | 1:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme O Porriño | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. A analítica web resulta fundamental á hora de coñecer que sucede no noso sitio web e se está aliñado cos nosos obxectivos de negocio. As ferramentas de analítica permiten descubrir que fai un usuario desde que entra na nosa web ata que a abandona. Neste taller veremos como utilizar a nova ferramenta Google Analytics para medir o comportamento dos usuarios e transformar os datos do noso sitio web en coñecemento para tomar mellores decisións de negocio. Índice de contidos: 1. Importancia da analítica web 2. Google Analytics: como funciona e implementación 3. Informes de Google Analytics 4. Definición de obxectivos 5. Métricas e KPI's para a toma de decisións O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/tPZmzvK42ygjAcdQ6 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse
Rexistro
Calendario eventos
« | Agosto 2025 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Como utilizar Instagram para promover a túa empresa27 de agosto de 2025 11:00Máis información
- Impresión 3D no 2025, Slicers actuais 4/4, OrcaSlicer03 de setembro de 2025 12:00Máis información
- Google Analytics para a toma de decisións04 de setembro de 2025 12:00Máis información
- Fotografía e vídeo para redes sociais08 de setembro de 2025 12:00Máis información
- Deseño 3D online con OnShape 3, Profundizando no deseño09 de setembro de 2025 12:00Máis información
- Márketing social: estratexias dixitais para entidades do terceiro secto10 de setembro de 2025 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento