Deseño 3D online con OnShape 3, Profundizando no deseño

Data Inicio:  09/09/2025 12:00    
Data Fin:  09/09/2025 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Taller en liña a través de Zoom.

Dá un paso máis alá en OnShape e aprende a crear estruturas máis complexas directamente desde o teu navegador. Abordaremos como extraer formas de imaxes ou debuxos, perforar buratos con precisión e profesionalizar os acabados das pezas. Un taller práctico para perfeccionar as túas habilidades e levar os teus deseños 3D ao seguinte nivel.

Índice de contidos:

1. Creación de estruturas 3D complexas en OnShape
2. Xeración de modelos a partir de imaxes ou debuxos
3. Técnicas para perforación precisa
4. Mellora dos acabados e detalles finais das pezas

O obradoiro será impartido por Manuel Tornos, asesor do CPED (Centro Tecnolóxico Educativo Informatizado) de Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Tamén é licenciado en Administración de Redes e Sistemas.
Url do Evento: https://forms.gle/S3Ari6osWaGKXEFMA
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse