Economía circular

Data Inicio:  23/09/2025 12:00    
Data Fin:  23/09/2025 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Explora o modelo económico do futuro, deseñado para minimizar os residuos e maximizar os recursos. Aprenderemos os seus principios básicos, os modelos de negocio que fan posible a circularidade e ferramentas prácticas para implementalo en proxectos da vida real. O taller incluirá unha sección práctica para aplicar os conceptos e descubrir oportunidades de innovación sostible.

Índice de contidos:

1. Introdución á economía circular
2. Principios básicos da circularidade
3. Modelos de negocio circulares
4. Ferramentas prácticas para o emprendemento en circularidade
5. Taller de aplicación práctica

O obradoiro será impartido por Sabela Álvarez, asesora de emprendemento, licenciada en Comunicación e formadora acreditada con máis de 10 anos de experiencia en empregabilidade, emprego e emprendemento.
Url do Evento: https://forms.gle/p5eBy56QDvwhytbZA
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse