Evento
IA como ferramenta de márketing
| Data Inicio: | 26/05/2025 11:00 | ||
| Data Fin: | 26/05/2025 13:00 | Duración: | 2:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Cambados | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
A través da OAPR Cambados organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme. Obradoiro telemático a través de Zoom. Nesta sesión, exploraremos como a IA está a revolucionar a forma en que as empresas interactúan cos seus clientes e toman decisións estratéxicas no campo do márketing. Descubriremos como a IA pode impulsar a personalización, a segmentación e a automatización nas campañas de mercadotecnia, permitindo ás empresas alcanzar novos niveis de eficiencia e eficacia. Prepárate para mergullarte nun mundo de algoritmos intelixentes, aprendizaxe automática e análise de datos avanzada. Non importa se es un comerciante ou só tes curiosidade por saber como a IA está a cambiar o xogo. Índice de contidos: 1. Introdución 2. Que é a IA e as súas orixes? 3. O impacto da IA no marketing 4. Aplicacións da IA en mercadotecnia 5. Ferramentas de IA dirixidas ao mundo do márketing O obraodoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos. | |||
| Url do Evento: | https://forms.gle/XC1vheMFFXgKKS6h7 | ||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse