Marca persoal e reputación dixital

Data Inicio:  23/05/2025 12:00    
Data Fin:  23/05/2025 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Neste obradoiro, discutiremos como construír e fortalecer unha marca persoal sólida no ámbito dixital, especialmente a través de redes profesionais. O obxectivo é axudarche a posicionarte estratexicamente no mercado laboral, proxectando unha imaxe coherente, auténtica e aliñada cos teus obxectivos profesionais.

Índice de contidos: 
1. O poder da palabra
2. Importancia da rede
3. Recomendacións e suxestións para o CV.
4. Establecer unha estratexia de reputación dixital.
5. Coñecer o uso e manexo das redes profesionais.
6. Linkedin, Instagram e Facebook.

O obradoiro será impartido por Sabela Álvarez, asesora de emprendemento, licenciada en comunicación e formadora acreditada; con máis de 10 anos de experiencia en empregabilidade, emprego e emprendemento.
Url do Evento: https://forms.gle/4cbQLc4BE8Aw1bnG9
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse