Evento
Iniciación ao SEO II: optimiza a túa páxina web para gañar visibilidade
| Data Inicio: | 27/11/2024 11:00 | ||
| Data Fin: | 27/11/2024 12:00 | Duración: | 1:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Pontevedra | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. O segundo obradoiro dedicado ao SEO tratará sobre os factores externos que afectan á nosa páxina web e que inflúen no seu posicionamento e veremos as mellores prácticas SEO e a forma de medilas con analítica web para comprender e mellorar os resultados. Índice de contidos: 1. Factores SEO Semántico na páxina web: diagnóstico, ferramentas e optimización. 2. Acciones SEO fora da páxina web: ligazóns externas e estratexias de linkbuilding. 3. Introdución á analítica web e guía de boas prácticas á hora de posicionar a nosa web O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online. | |||
| Url do Evento: | https://forms.gle/fgRW9VwvohMBLZCx7 | ||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse