Evento
Optimiza a túa estratexia de email márketing con Benchmark Email
| Data Inicio: | 28/10/2024 17:00 | ||
| Data Fin: | 28/10/2024 19:00 | Duración: | 2:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Cambados | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro presencial no Centro ExpoSalnés (Paseo da calzada s/n; 36630 - Cambados). Entender as relacións cos teus clientes é relevante, especialmente no mundo dixital. Este obradiro ten como obxectivo ver o uso adecuado do email márketing á hora de promocionar os nosos produtos e/o servizos, e xerar achega de valor aos nosos contidos. Introdución aos conceptos básicos do email márketing, a terminoloxía e as vantaxes da utilización dun software profesional. Ademais de entender as funcionalidades dos principais servizos de email márketing, aprenderemos a implantar a versión gratuíta de Benchmark Email. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado das mesmas. Índice de contidos: 1. Introdución ao e-mail Márketing. 2. Como deseñar unha estratexia de e-mail Márketing 3. Deseño en e-mail Márketing 4. Ferramentas 5. Recomendacións para crear campañas perfectas 6. Crea unha conta gratuíta en Benchmark Email 7. Crea unha campaña de email 8. Contidos: estrutura e persoais 9. Audiencia: público obxectivo 10. Informes O obraodoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos. | |||
| Url do Evento: | https://forms.gle/njiPQ4fZBkLteNB66 | ||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse