Evento
Comercialización en liña de experiencias gastronómicas
| Data Inicio: | 08/11/2023 11:00 | ||
| Data Fin: | 08/11/2023 12:00 | Duración: | 1:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Pontevedra | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. As viaxes e escapadas na actualidade poñen o foco en lugares cercanos e a gastronomía é un elemento fundamental de atracción en Rías Baixas. A oferta gastronómica ten un papel clave na imaxe, o posicionamento e competitividade dos destinos turísticos. Sen dúbida o sector gastronómico ten experimentado un gran crecemento nos últimos anos e hoxe en día a gastronomía está ao alcance de calquera que desexe vivir unha experiencia gastronómica. Isto fai que a competencia sexa moi elevada nun contexto de baixada do consumo e permanecer na mente dos consumidores non é unha tarefa fácil. Para iso faise imprescindible a creación dunha verdadeira experiencia gastronómica capaz de atraer á clientela e internet facilítanos múltiples canles para promocionar e comercializar esta oferta. Contidos: Introdución Apps e directorios Portales online para a venda de experiencias gastronómicas. Portales de compra colectiva, bonos e cofres regalo Chef e restaurante a domicilio. O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo. | |||
| Url do Evento: | https://forms.gle/5UevN9dSP4DXehfMA | ||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse
Rexistro
Calendario eventos
| « | Marzo 2026 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | ||||||
| 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
| 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
| 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
| 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
| 30 | 31 | |||||
- Linkedin para empresas e profesionais10 de marzo de 2026 12:00Máis información
- Contido para Redes Sociais: como atraer clientes18 de marzo de 2026 12:00Máis información
- SEO para e-commerce: posiciona a tua tenda en liña con Google26 de marzo de 2026 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento