Axudas e subvencións

Beneficiarios: Poderán solicitar estas subvencións as persoas xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:

— Non ter a condición de Administración Pública.

— Carecer de fins de lucro.

— Ter o domicilio social na provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra desta cando a actividade para a que se solicita a subvención teña interese para a provincia.

— Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e coa facenda autonómica da Xunta de Galicia (ATRIGA).

— Non ter débedas coa Deputación de Pontevedra.

— Estar ao corrente do pagamento da Seguridade Social.

— Non estar incursa en ningún dos supostos de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

— Non ter pendente de xustificación subvencións anteriores pagadas anticipadamente pola Deputación de Pontevedra.
Entidade: Diputación de Pontevedra
Financiación: Este programa de subvención financiarase co importe de 100.000,00 euros con cargo á aplicación 22/433.4320.489.01 do vixente orzamento da Deputación de Pontevedra.

O importe máximo da subvención para cada proxecto non poderá exceder do 70% do seu orzamento e non superará o importe de 5.500,00 euros por proxecto.

En ningún caso consideraranse gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, polo que, a subvención concederase sobre o orzamento da actividade, excluído o IVE, salvo que o beneficiario os abone efectivamente.

Terán a consideración de gastos subvencionables os realizados durante o ano 2022, incluso os realizados con anterioridade á concesión da subvención sempre que sexan necesarios para a execución da actividade subvencionada.

Os gastos xustificados deberán axustarse aos conceptos e importes establecidos no orzamento inicial, aceptándose desviacións máximas dun 20% no custe dos diferentes conceptos da actividade subvencionada con respecto ao orzamento inicial pormenorizado.

En virtude do disposto no artigo 31 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas para os contratos menores na Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contracción do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se realizara con anterioridade á subvención.
Plazo: O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria e do extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).
Estado: Finalizada
Web: https://boppo.depo.gal/detalle/-/boppo/2022/03/07/2022013062

Descrición da axuda

Constitúe o obxecto destas bases a regulación da concesión de subvencións públicas destinadas a promover actividades de carácter turístico durante o ano 2022 coa finalidade de colaborar no fomento do turismo e na profesionalización do sector da provincia de Pontevedra, segundo os principios de concorrencia competitiva, obxectividade e publicidade.

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.

« Maio 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento