Axudas e subvencións

Beneficiarios: As persoas físicas que pretendan acceder ao servizo na súa condición de usuarios residenciais.

Pequenas e medianas empresas.

Obrigas dos beneficiarios

Ademais das obrigas sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, son obrigas dos beneficiarios:

a) Someterse ás actuacións de inspección e control de Agader, así como dos órganos de control autonómicos, estatais e
comunitarios.

b) Manter o contrato do servizo subvencionado durante un período mínimo de doce meses contado desde a data de alta no
servizo, agás o suposto previsto no artigo 17 de incumprimento dos niveis de servizo exixidos.

c) As pequenas e medianas empresas deberán levar un sistema de contabilidade separado, ou ben un código contable axeitado para todas as transaccións relativas ás presentes subvencións (artigo 75.1.c) i) do Regulamento (CE) nº 1698/2005).
Entidade: Xunta de Galicia
Plazo: 26/03/2014 - 30/08/2014
Web: https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=MR&codProc=704B

Descrición da axuda

Establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións para novas conexións á internet de banda larga a través de tecnoloxía satélite bidireccional no medio rural, en zonas que carezan doutra posibilidade de acceso a este servizo, no marco do Plan de Banda Larga de Galicia, de acordo coas bases reguladoras establecidas mediante Resolución do 29 de abril de 2013 (DOG nº 89, do 10 de maio. Corrección de erros, DOG nº 95, do 21 de maio).

Estas subvencións convócanse para o ano 2014 en réxime de concorrencia non competitiva.

Gastos subvencionables:

a) Considéranse subvencionables os gastos derivados da conexión ao servizo de acceso á banda larga vía satélite en ambos os sentidos de comunicación, que teña asociada unha velocidade de transferencia de datos de, como mínimo, 2 Mbps en sentido da rede ao usuario (DL). Só se subvencionará unha conexión por enderezo.

b) Terán a consideración de gastos subvencionables:

b.1. Custo de instalación, incluíndo os materiais precisos para a súa correcta realización (soportes, mastros, canaletas,
cable etc.).

b.2. Subministración do equipamento preciso para distribuír o sinal de banda larga no interior das vivendas ou instalación das empresas (router wifi, PLC etc.).

Só será subvencionable o IVE non recuperable cando sexa custeado de forma efectiva e definitiva polo beneficiario. Polo tanto, non se considerará subvencionable o IVE soportado polas empresas que sexa susceptible de recuperación ou compensación.

En ningún caso serán subvencionables equipamentos diferentes dos antes indicados (antena parabólica, LNB, módem
satélite, terminais telefónicos etc.) nin as cotas mensuais que deberá satisfacer o beneficiario ao provedor do servizo da internet.

A contía da axuda acadará o 100 % do investimento subvencionable, co límite de 150 euros, e está condicionada á permanencia no servizo durante doce meses.

As axudas non serán compatibles con ningún outro tipo de axuda que poida recibir o beneficiario para o mesmo obxecto.

Requisitos

- Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Non dispoñer de cobertura de banda larga de calidade de, polo menos, 2Mbps en sentido rede-usuario mediante outra tecnoloxía.

- Solicitar a axuda para a instalación da nova conexión no enderezo de residencia ou, no caso dunha empresa, domicilio fiscal.

- Manter o novo contrato de conexión á internet por un período mínimo de doce meses, contado desde a data de alta no servizo.

- Non ter sido beneficiario doutra subvención para o mesmo obxecto.

- Tramitar a solicitude exclusivamente a través de calquera das entidades colaboradoras que sexan seleccionadas por Agader en procedemento público e aberto.

Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007. A acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, con independencia das comprobacións que efectúe o órgano xestor.

Igualmente, non poderán ser beneficiarias das axudas as empresas exceptuadas do ámbito de aplicación do Regulamento (UE) nº 1407/3013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, e mais do Regulamento (UE) nº 1408/3013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector da agricultura.

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.

« Maio 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento