Axudas e subvencións

Beneficiarios: As pequenas e medianas empresas (pemes), calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Deberán levar, ou proxectar levar, a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, que permita a fabricación de produtos relacionados co COVID-19
Entidade: IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica
Financiación: A contía da axuda será o resultado de multiplicar a porcentaxe de subvención do 75 % polo importe do investimento subvencionable, co tope máximo de axuda de 800.000 euros por empresa.
Plazo: 30 de setembro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
Estado: Finalizada
Web: http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP397

Descrición da axuda

Estas axudas teñen como obxecto subvencionar aqueles proxectos de investimento levados a cabo polas empresas galegas que permitan a fabricación de produtos relacionados co COVID-19, como os seguintes:

- Medicamentos (incluídas as vacinas) e os tratamentos, os seus produtos intermedios, os ingredientes farmacéuticos activos e as materias primas necesarias para a súa produción.

- Produtos sanitarios, equipamentos hospitalarios e médicos (incluídos os respiradores, a roupa e o equipamento de protección e as ferramentas de diagnóstico), así como as materias primas necesarias para a súa produción.

- Desinfectantes e os seus produtos intermedios, así como as materias primas químicas necesarias para a súa produción.

- Ferramentas de recollida/tratamento de datos.

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.

« Maio 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento