Axudas e subvencións

Beneficiarios: 1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, que segundo o anexo I teña o seu centro de traballo (ou domicilio social, no caso de carecer deste)/deste) na comunidade autónoma de Galicia, que gozasen dun período de descanso por nacemento e que no prazo dos quince días seguintes á súa finalización realicen un contrato a unha persoa traballadora por conta allea.

2. Tamén serán beneficiarias as sociedades e comunidades de bens que realicen unha contratación nas mesmas condicións que no parágrafo anterior con respecto ás persoas autónomas societarias.
Entidade: Secretaría Xeral de Emprego
Financiación: Ata un máximo de 9.000€.
Plazo: 30/09/2020
Estado: Activa - Vixente
Web: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341R&ano=2020&numpub=1&lang=es

Descrición da axuda

Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que unha vez finalizada o seu período de descanso por nacemento contraten a unha persoa para ampliar a súa conciliación da vida familiar e laboral.

2. Mediante a presente axuda permitirase que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación para a contratación dunha persoa durante un período máximo dun ano, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade do seu proxecto empresarial.

3. Tamén se subvencionarán os gastos de gardería realizados no período subvencionable.

Acción subvencionable e importe da subvención

1. Bono concilia.

a) Será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma durante un período máximo dun ano unha vez finalizado o seu período de descanso por nacemento, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos na presente orde.

b) Serán subvencionables as contratacións que se realicen cunha duración mínima de seis meses que cumprindo cos requisitos enumerados no paragrafo anterior iníciense entre o 1 de outubro de 2019 e o 30 de setembro de 2020.

c) O importe da subvención para compensar a devandita contratación será de 500 € por mes completo, segundo a duración indicada na comunicación da contratación, cun máximo de doce meses de contratación. Nos casos de duración incerta a subvención será polos meses indicados no Anexo I, que serán os que se comprometa a persoa autónoma a ter a contratación vixente. Sendo por tanto o importe máximo que se pode percibir de 6.000 €.

d) Cando se trate de contratacións cunha xornada a tempo parcial, a contía será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación, ou na súa falta na xornada máxima legal.

2. Bono gardería.

a) Co obxecto de favorecer a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas emprendedoras concederase unha subvención do 75% do custo dos servizos de gardería ata un máximo de 3.000 €, para aquelas persoas autónomas que obtivesen a subvención polo bono concilia nesta convocatoria.

b) No caso de que o beneficiario do bono concilia fóra unha sociedade ou comunidade de bens a solicitude deste bono debe realizala a persoa autónoma societaria polo cal tivo dereito á axuda, indicando no anexo da solicitude a sociedade ou comunidade de bens que foi beneficiaria.

c) Serán subvencionables os gastos de gardería do fillo ou filla polos que obtivo o bono concilia realizados no período subvencionable, que comprende do 1 de outubro de 2019 ao 30 de setembro de 2020. A contía máxima será a indicado no Anexo I polo solicitante.

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.