Axudas e subvencións

Beneficiarios: Autónomos
Cooperativas e Sociedades Laborais non Agrarias
Microempresas (menos de 10 empregados)
Pemes (menos de 250 empregados)
Sociedades Civís
Entidade: Xunta de Galicia
Financiación: . O importe da subvención, que se abonará ao taller, non excederá das seguintes contías mensuais:

– 1,1 veces o IPREM mensual vixente ao 1 de xaneiro de 2019 se a formación ten unha xornada de 20 horas semanais.

– 1,4 veces o IPREM mensual vixente ao 1 de xaneiro de 2019 se a formación ten unha xornada de 40 horas semanais.

– O taller percibirá, adicionalmente, unha contía fixa, para as cotizacións sociais dos/as bolseiros/as, e gastos en funxibles e materiais que se realicen durante a práctica dos/as aprendices, coas seguintes contías:

• Se a xornada do/da aprendiz/a é de 20 horas semanais: 200 € mensuais.

• Se a xornada do/da aprendiz/a é de 40 horas semanais: 400 € mensuais.
Plazo: Ata o 19 de setembro de 2019 ou esgotamento crédito.
Estado: Finalizada
Web: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190227/AnuncioG0424-140219-0001_gl.html

Descrición da axuda

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a obradoiros artesáns para incentivar a realización de acordos de períodos de formación, teórica e práctica, de aprendices durante un período máximo de doce (12) meses, e se procede á súa convocatoria.

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.

« Abril 2020 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30