Axudas e subvencións

Beneficiarios: Autónomos
Cooperativas e Sociedades Laborais non Agrarias
Microempresas (menos de 10 empregados)
Pemes (menos de 250 empregados)
Sociedades Civís
Entidade: Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital
Financiación: Segmento I. Pequenas empresas entre 10 menos de 50 empregados. 12.000 euros

Segmento II. Pequenas empresas ou Microempresas entre 3 e menos de 10 empregados. 6.000 euros

Segmento III. Pequenas empresas ou Microempresas de entre 0 e menos de 3 empregados. 2.000 euros
Plazo: Como mínimo 3 meses desde a publicación da convocatoria.
Estado: Activa - Vixente
Web: https://www.infoayudas.com/Infoayudas-Ayudas-para-la-digitalizacion-de-pequenas-empresas-microempresas-y-personas-en-situacion-de-autoempleo-en-el-marco-de-la-Agenda-Espana-Digital-2025-el-110864.php

Descrición da axuda

Constitúe o obxecto desta Orde o establecemento das bases reguladoras para a concesión das axudas mediante as que se executa o Programa Kit Dixital para a dixitalización de pequenas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego (en diante, Programa), que ten por obxecto a adopción de solucións de dixitalización incluídas no Catálogo de Solucións de Dixitalización do programa.

A finalidade do Programa, cuxa execución levará a cabo mediante a concesión das subvencións públicas a que se refire esta Orde, é mellorar a competitividade e o nivel de madurez dixital das pequenas empresas, das microempresas e das persoas en situación de autoemprego, mediante a adopción de solucións de dixitalización nas seguintes categorías descritas no anexo IV: sitio web e presenza na internet, comercio electrónico, xestión de redes sociais, xestión de clientes, business intelligence e analítica, xestión de procesos, factura electrónica, servizos e ferramenta de oficina virtual, comunicacións seguras e ciberseguridade.

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.