Usabilidade web: principios, especificacións e ferramentas - Actualidade
   Actualidade
  Actualidade 
  Usabilidade web: principios, especificacións e ferramentas
Data: luns, 08 de maio de 2017
 
As web compren unha función comunicativa: chegar ao público obxectivo, razón pola que debemos ter en conta os seguintes conceptos: accesibilidade, usabilidade e navegabilidade. A accesibilidade fai referencia ao acceso de todas as persoas aos contidos, independentemente de capacidades e uso; a usabilidade relacionase coa axilidade, claridade e facilidade de uso e a navegabilidade coa facilidade coa que un usuario pode desprazarse polas páxinas que compoñen un sitio web.
Feita esta distinción, centrarémonos na usabilidade web e farémolo a partir dos 10 principios de usabilidade de Jakob Nielsen, que definiremos brevemente.
- Visibilidade do estado do sistema. Ter informado ao usuario do que está a pasar na web e ofrecerlle unha resposta rápida. Ex: saber se enviou correctamente un formulario ou non.
- Conexión co usuario. Información amosada cun orde lóxico e imaxes e iconas claras, sen posibilidade de equívoco. Ex: símbolo papeleira = borrar.
- Control e liberdade do usuario. Dar a posibilidade ao usuario de corrixir un erro. Ex: botón de desfacer, posibilidade de editar un perfil persoal.
- Consistencia e estándares. Seguir os convenios establecidos para certas iconas. Ex: para indicar un menú desligable empregar as liñas horizontais; botón verde aceptar, botón vermello cancelar; manter o menú de navegación sempre no mesmo lugar, independentemente da páxina pola que o usuario navegue.
- Prevención de erros e no caso de que aconteza, ofrecer as opcións para a súa corrección. Ex: confirmación de e-mail ou de contrasinal con dobre campo nos formularios.
- Recoñecer antes que recordar. Facilitar o recoñecemento de accións ou obxectos ao usuario para que poida cumprir o seu obxectivo. Ex: selección de fonte mediante previsualización da mesma antes que polo nome.
- Flexibilidade e eficiencia de uso. A nosa web debe estar preparada para que calquera (novato ou experimentado) poida navegar por ela. Ex: opción buscar sinxela e busca avanzada mediante emprego de operadores.
- Deseño estético e minimalista. Desbotar a información innecesaria (se non fai falla non a poñas) e optar por sites "limpos" e de carga rápida.
- Axuda aos usuarios a recoñecer, diagnosticar e reparar os erros. Calquera erro que poida acontecer cómpre que se exprese nunha linguaxe entendible por todos e non a través de códigos. Ex: erro 404 cambialo por "páxina non atopada" e darlle opcións como páxinas relacionadas ou dispor dun buscador interno para que poida buscar e non se marche da nosa web.
- Axuda e documentación. Dispor dun sinxelo manual de funcionamento. Ex: FAQs (preguntas frecuentes), icona interrogación preto dalgunhas opcións.
Estes principios constitúen a base para que un site sexa considerado "user friendly". Unha web "user friendly" mellora a experiencia de usuario, e isto, á súa vez, inflúe no tráfico recorrente e na diminución da porcentaxe de rebote. Ademais, para medir a usabilidade dun site contamos con ferramentas como PageSpeeds Insights.
Significa, en definitiva, que atender estes criterios fará que os usuarios visiten máis a miúdo a nosa web, e gocen mellor da súa experiencia nela.
Fonte: SmartPeme
   Rexistro
  Rexistro 
  | « | Outubro 2025 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do | 
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 
| 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | ||
-   Como empregar a IA para facer SEO03 de novembro de 2025 12:00Máis información
-   Ciberseguridade sen complicacións: protexe o teu día a día04 de novembro de 2025 11:00Máis información
-   Copywriting I - Redes Sociais05 de novembro de 2025 12:00Máis información
-   Optimiza a túa estratexia de email márketing con Benchmark Email06 de novembro de 2025 12:00Máis información
-   Organiza, planifica e programa os teus proxectos I - Coñece Metricool10 de novembro de 2025 12:00Máis información
-   Deseño 3D para PYMEs: transforma o teu negocio dende dentro11 de novembro de 2025 11:00Máis información
 
  
  
 