Actualidade

Twitch, a plataforma de moda na que tes que estar

Data:  xoves, 29 de abril de 2021

 

Este 2021 está a ser sen ningunha dúbida o ano desta nova "rede social" que non para de crecer e gañar persoas usuarias e seguidoras. Concretamente, trátase dunha plataforma de "live streaming", é dicir, unha plataforma creada exclusivamente para conectar a xente en directo de maneira diaria onde poden falar e interactuar entre eles.

 

Aínda que empezou gañando protagonismo entre os e as "gamers" usándoa para retransmitir as súas partidas en directo entre a súa comunidade, o seu uso foise expandindo ata alcanzar outros ámbitos que non teñen nada que ver como o deporte ou as charlas informais "entre amistades". Esta rede social comprada por Amazon en 2014 está incluída na subscrición de Amazon Prime, un servizo que se disparou durante o confinamento e logrou manterse ata a data.

 

Desde mediados de 2020, xusto coincidindo coa pandemia do coronavirus, o seu uso empezou a crecer de maneira exponencial.  Twitch copou o 76,5% das horas de emisión en directo, superando con fartura a xigantes como Facebook ou Youtube. Este crecemento en parte tamén se debe a que a plataforma foi capaz de "convencer" a un gran número de "Youtubers" con millóns de persoas seguidoras para que a usasen e lograr obter maiores ganancias en comparación con outras redes sociais.

 

As cifras desta plataforma son abafadoras, xa que conta con 18 millóns de persoas visitantes diarias, cun perfil de persoas usuarias dos 65% homes e unhas 35% mulleres. Segundo as idades, quedan distribuídas da seguinte maneira:

 

 
   

A interface de Twitch é bastante sinxela. Conta cun centro de pantalla onde se poden ver os directos que están en emisión nese mesmo momento, unha barra superior onde se mostran tanto os perfís que segues, como a opción de explorar novas canles, realizar directos propios ou iniciar procuras concretas. Por último, unha barra lateral a man esquerda totalmente personalizada cos perfís aos que segues e unha lista de suxerencias en función dos teus intereses.

Algo realmente interesante, é a opción de categorizar e etiquetar os directos realizados. Isto permite segmentar de maneira totalmente eficiente a audiencia á que nos diriximos, chegando a quen quero chegar, a unha audiencia apropiada para o noso contido. Ademais, hai dous tipos de persoas usuarias na plataforma: as seguidoras, que acceden de forma gratuíta á túa canle e, as subscritoras, que pagan unha cota mensual e a túa función é proporcionarlle contido exclusivo polo que lles mereza a pena seguir aí achegando mes a mes.

Se tes unha conta de empresa e estás a pensar en dar o salto a Twitch, pensa que pode ser unha boa maneira de darche a coñecer de forma "rápida" e gañar persoas seguidoras, pero tamén terás que perder a vergoña para dar a cara en directo e sobre todo de ser capaz de ofrecer contido interesante co que chegar e atrapar á xente para que quede contigo e a túa marca.

A rede social está enfocada máis a un uso lúdico e de entretemento que a unha venda comercial, polo que o directo que fagas ademais de ser algo máis informal non pode ter a función de vender produtos como tal, senón de entreter ao público e facer que o pasen ben.

Vesche preparado para dar o salto?

 

Laura Carrera

Asesora TIC en Smartpeme

Fonte:  SMARTPEME



 

« Maio 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento