Actualidade

Presentación SmartPeme Lalín

Data:  xoves, 27 de outubro de 2016

O vindeiro martes 15 de novembro do 2016, as 17:00 horas, terá lugar a presentación da rede SmartPeme na sala de prensa do concello de Lalín (praza de Galicia, 1), en Lalín.

Dona María del Carmen Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra, Don Francisco Javier Dios Pomares, deputado provincial de Innovación e Promoción Económica e Don Rafael Cuíña Aparicio, alcalde de Lalín, presentaran os servizos que presta SmartPeme ao sector empresarial de Lalín.

SmartPeme é unha rede de asesores cualificados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) a disposición do tecido empresarial onde se presta un servizo de información e asesoramento presencial e personalizado de maneira gratuíta.

Así mesmo, o acto contará coa intervención do Xefe de Proxecto de SmartPeme, Jose Antonio Piñeiro, e da asesora TIC SmartPeme Eliana Bouzas Collazo, que afondaran en como a carteira de servizos SmartPeme pode axudar a mellorar o seu servizo, e resolveran as dubidas que poidan xurdir.

Para rematar, no caso de estar interesado nos servizos ofertados, trala xornada pode ter a súa primeira reunión individualizada con seu asesor TIC. Para iso, rogámoslle que solicite cita previa chamando ao 886 20 20 20, mediante correo electrónico (info.smartpeme@depo.es) ou indicándoo no formulario de inscrición.

Para asistir so é preciso inscribirse mediante este formulario.

 

17:00 - Apertura da Xornada

María del Carmen Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra

Rafael Cuíña Aparicio, alcalde de Lalín

17:15 - Presentación da carteira de servizos SmartPeme

José Antonio Piñeiro Sineiro, responsable da rede SmartPeme

Eliana Bouzas Collazo, asesora TIC SmartPeme

17:45 - Peche do evento de presentación

                Francisco Javier Dios Pomares, deputado provincial de Innovación e Promoción Económica

18:00 - Consellos para vender nas redes sociais

               Eliana Bouzas Collazo, asesora TIC SmartPeme

18:30 - Recollida de solicitudes de asesoramento

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento