Actualidade

Marketing local, xeolocalización e dispositivos móbiles.

Data:  martes, 15 de novembro de 2016

A proliferación de dispositivos móbiles con acceso a internet e o uso intelixente de datos sobre localización, preferencias e gustos dos usuarios facilita que as empresas poidan ofrecerlle aos seus clientes a información que precisan no lugar e momento xusto. Esta realidade abre un abano de posibilidades en relación ao marketing local, xeolocalización e marketing móbil. O marketing local centra as accións nunha contorna xeográfica concreta co gallo de atraer a clientela nun segmento de mercado pequeno. A xeolocalización, pola súa banda, refírese á localización xeográfica dun dispositivo con conexión a internet mentres que o marketing móbil fai referencia ao conxunto de técnicas e formatos para a promoción de produtos e servizos empregando terminais móbiles como canle de comunicación.

O emprego destas tecnoloxías posibilita que as pemes e micropemes, sen necesidade de grandes inversións ou incluso de balde, atraían cara si a súa clientela potencial a través, de entro outros, os seguintes servizos:

Dar de alta a web en plataformas e sitios de recomendacións "locais"

Plataformas como Foursquare, Google Business ou Facebook Places son sitios onde os negocios que dispoñen de local físico deberían estar, xa que permite aos usuarios situalos sobre un mapa. Estar é tan doado como darse de alta pero cómpre, de cara a quitarlle o máximo partido, optimizar a información que ofrecemos sobre a nosa empresa: uso eficaz de palabras "chave" para definir o noso negocio e a nosa oferta e así acadar comentarios positivos e recomendacións dos nosos clientes.

Foursquare: rede social baseada na xeolocalización dos usuarios. Unha vez dado de alta na plataforma e comunicado que estás nela xa podes ofrecer descontos aos usuarios que fagan "chek-in" no teu local.

Google Business: vincula negocios locais coa súa contorna. Permite centralizar e actualizar toda a información do teu negocio en todas as aplicacións de google: google places, google +, google maps. Asemade, facilita o engadir fotografías de alta resolución, conectar directamente coa túa clientela publicando eventos e novas en Google +, seguir as opinión da túa empresa en toda a rede e contestar aos comentarios. Tamén se integra con Adwords Express (a versión rápida e automatizada de Adwords)

Facebook Places: permite aos usuarios compartir cos seus "amigos" o lugar onde se atopan cun só click no móbil e ao negocio vincular a súa localización coa fanpage.

Web móbil/app con xeolocalización

Web adaptada a terminais móbiles e/ou desenvolvemento de app para móbiles. Isto posibilita, por exemplo, que se un cliente busca información do negocio, lle apareza unha listaxe ordenado por proximidade, coa súa posición, opción de marcar número de teléfono, un mapa coa ruta a seguir desde onde está e incluso mostrarlle un oferta específica se acude á mesma ao instante.

O marketing local conxuntamente coa xeolocalización e a internet móbil permite a creación dun "territorio virtual" nunha determinada área xeográfica na que negocios e (potenciais) clientes interactúan. A partir de aquí as posibilidades son infinitas, p ex: envío de ofertas personalizadas a usuarios que entran na tenda da competencia ou de negocios afíns, lanzar unha campaña empregando xeolocalización e redes sociais, etc.

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento