Google deixa sen soporte a Huawei tras o veto de Trump - Actualidade
Actualidade
Google deixa sen soporte a Huawei tras o veto de Trump
Data: martes, 21 de maio de 2019
Os móbiles Huawei poderían quedar obsoletos en moi pouco tempo tras a ruptura coa gran tecnolóxica americana Google, de maneira que os smartphones de Huawei non poderán actualizar o sistema operativo co que operan, Android. Tampouco poderán descargarse aplicacións e servizos populares como Youtube ou Google Maps ou todas aquelas que se incorporen á tenda de Google Play Store nas próximas versións.
O goberno de Donald Trump incluiu o pasado xoves de forma oficial a Huawei nunha lista negra comercial, o que supuxo de maneira inmediata restriccións que complicarán ao xigante tecnolóxico chinés nos seus negocios con compañías estadounidenses. Do mesmo xeito, os principais fabricantes de procesadores coma Broadcom, Intel ou Qualcomm xa informaron aos seus empregados que deixarán de manter relacións con Huawei ata novo aviso.
Tras ser confirmada esta ruptura comercial pola axencia internacional Reuters, a empresa asiática deixará de ter respaldo técnico e colaborativo con Google para os seus servizos e os de Android. Huawei, de momento terá acceso á versión de Android dispoñible a través de licenzas de código aberto, dispoñibles para calquera usuario que queira usalas.
A gran tecnolóxica chinesa, liderada por Ren Zhengfei, é a que lidera a venda de teléfonos móviles en Europa. Segundo o informe Chinese Global Brand Builders 2019, presentado por Kantar Media, destaca que un de cada cinco móviles foi vendido en Europa, pero non é o único smartphone chinés que se atopa no mercado, Xiaomi e Honor están moi preto.
Huawei, a través dun comunicado, deféndese como un aliado clave no desenvolvemento do sistema operativo Android. Respecto ás actualizacións, Huawei explica que manterá as de seguridade e servizos postventa, aínda que non ven a especificar que pasará coas actualizacións próximas de Android.
Fátima Faílde
Asesora SmartPeme
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Febreiro 2023 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 |
- Ciberseguridade, copias de seguridade06 de febreiro de 2023 10:00Máis información
- Reorientación de negocios freelance que se atopen estancados07 de febreiro de 2023 17:00Máis información
- Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest08 de febreiro de 2023 12:00Máis información
- Optimiza a túa canle de YouTube08 de febreiro de 2023 17:00Máis información
- Horizon Workrooms - obradoiro desde o Metaverso09 de febreiro de 2023 11:00Máis información
- Reorientación de negocios tradicionais e familiares que se atopen estancados14 de febreiro de 2023 17:00Máis información