Actualidade

Facebook como ferramenta de márketing online

Data:  luns, 18 de setembro de 2017

O márketing dixital engloba multitude de accións e ferramentas distintas que axudan a potenciar a presenza da nosa marca na internet. É necesario establecer unha estratexia como punto de partida, xa que son tantas as técnicas e recursos existentes, que ter unha boa planificación e focalizar os esforzos resulta clave para obter bos resultados.
 
Nese sentido, Facebook é unha ferramenta útil xa que mais de 500 millóns de usuarios comparten cada día as súas historias nesta rede social. Comezou como unha plataforma para estar en contacto cos nosos amigos, estar ao tanto do que pasa ao noso arredor e atoparnos con imaxes de cando eramos pequenos. Pero hoxe en día as empresas dedican moitas horas para marcar a diferenza entre o seu público obxectivo con campañas de márketing online.
 
As redes sociais son a plataforma máis utilizada para facer publicidade online e neste caso Facebook é unha das principais xa que conta con moitas opcións para facer una boa campaña. Con certos conceptos claros pódese facer un bo uso desta rede e enfocar correctamente a nosa estratexia.
 
Como debe unha empresa xestionar o seu Facebook profesional?
 
- Crear unha páxina oficial de empresa: A nivel profesional temos que esquecer o perfil de Facebook e crear unha páxina. É importante manter esta diferenza xa que esta rede social non permite que as empresas teñan perfil persoal posto que cando detecta actividade comercial procede ao seu peche. Por outra banda, as páxinas oficiais permiten aos usuarios facerse seguidores da nosa marca e ofrécennos moitas vantaxes e posibilidades de edición, desenrolo e creación.
 
- A túa marca sempre presente: é preciso situar a marca dende o principio, por iso o nome da páxina ten que ser profesional e coincidir co nome da túa empresa, así como o logotipo, que sempre debe aparecer. Todo iso vai axudar a atopar con máis facilidade a túa entidade en buscadores e será o primeiro que vexa o cliente na rede.
 
- Cóntalles a túa historia: unha vez creada a páxina debemos cubrir toda a información do perfil cos aspectos asociados a marca. É moi importante completar cada parámetro o máximo posible. Tamén é recomendable crear unha campaña en Facebook Ads explicando quen somos e que ofrecemos para que os usuarios coñezan a empresa. Con ela imos chegar ao público que nos interesa para convertelo nun posible cliente.
 
- Promocións especiais: non se está en Facebook por estar, esa conta debe ter contido, e este debe ser especial. Para afianzar á túa comunidade de seguidores a mellor maneira é ofrecerlles ofertas exclusivas. Con iso imos conseguir interactuar cos usuarios e reforzala imaxe de marca.
 
- Coñece os resultados: todo o que fas en redes sociais debe ser medido para obter información sobre o teu público obxectivo e usar eses datos para aumentar a túa rendibilidade. Canta mais interacción haxa, máis estatísticas haberá. 
 
Chegou o momento de estar onde todo o mundo está. Crea a túa conta profesional nesta rede social e sitúa a túa empresa no mundo online.

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento