28 de xuño, Día da Persoa Asesorada na oficina de SmartPeme en Vigo - Actualidade
Actualidade
28 de xuño, Día da Persoa Asesorada na oficina de SmartPeme en Vigo
Data: xoves, 21 de xuño de 2018

No pasado mes de marzo, derivado dun continuo proceso de evolución, o proxecto SmartPeme comezou unha nova etapa, ampliando a carteira de servizos existente co obxectivo de continuar axudando ás empresas pontevedresas a ser máis competitivas na contorna económica actual.
O que comezou como un servizo de asesoramento en materia tecnolóxica evolucionou na prestación de tres novas grandes liñas: o Centro Provincial de Economía Dixital ( CPED), SmartPeme Impulsa e TurisTIC.
O CPED, está situado no viveiro de empresas situado en Barro-Meis, centrado en axudar ás empresas da provincia para descubrir as ferramentas e aplicacións máis relevantes da economía dixital e as súas solucións máis innovadoras, apoiado nas instalacións do FabLab que a Deputación ten no viveiro.
SmartPeme Impulsa, nace como un servizo específico en materia de innovación, competitividade e internacionalización, axudando ás empresas locais a posicionarse para competir nos mercados internacionais.
Finalmente TurisTIC céntrase no apoio ao sector turístico na implantación das novas tecnoloxías.
Con motivo de impulsar todas estas novidades, queremos convidarche a asistir o día 28 de xuño ao "Día da Persoa Asesorada" na nosa sede de Vigo. Realizaremos oito talleres ao longo do día nos que se abarcarán temáticas TIC, turismo, economía dixital, imaxe e innovación, representando o itinerario formativo das carteiras de servizo que ofrecemos en SmartPeme. Ademais poderás solicitar asesoramento personalizado cos asesores da rede en calquera destas materias.
Estes son os talleres que se impartirán durante a xornada:
12:00 horas. E- commerce. O teu propio canle de venda en liña
16:00 horas. Fotografía para e- commerce
Inscríbeche nos talleres do Día da Persoa Asesorada ou solicita asesoramento individualizado a través da nosa web, chamando ao 886 20 20 20 ou enviando un correo a info.smartpeme@depo.es
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Xullo 2025 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
- O teu plan de márketing dixital paso a paso03 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Crea a túa páxina web con Elementor07 de xullo de 2025 11:00Máis información
- CRO: consegue que tu web venda (máis)08 de xullo de 2025 11:00Máis información
- Kit Dixital: como sacarlle o máximo proveito10 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Copywriting para web e redes sociais14 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Canva dende cero para impulsar o teu negocio15 de xullo de 2025 10:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento