Actualidade

« Atrás

VI Aceleradora de Empresas do Sector Turístico

Data:  martes, 21 de novembro de 2023

 
Tras o éxito das cinco edicións anteriores, a Deputación de Pontevedra, a través de Smartpeme, presenta a "VI aceleradora de empresas do sector turístico". Esta sexta aceleradora consiste na realización dun roteiro formativo no uso das TIC centradas no sector turístico, darase formación en técnicas que melloren a estratexia de imaxe dos establecementos e, tamén, levarán a cabo asesoramentos individuais con persoas asesoras especializadas no turismo e nas TIC.
 
A quen vai dirixido? 
 
A VI Aceleradora de empresas do sector turístico está dirixida a pemes, persoas autónomas e persoas emprendedoras da provincia de Pontevedra, con negocios que desexen reorientar ou poñer en marcha a súa actividade en liña; así como persoas cun proxecto empresarial ligado ao sector turístico ou cunha actividade vinculada ao mesmo en fase temperá de desenvolvemento ou cun alto potencial de crecemento.
 
Actividades 
 
A VI Aceleradora de empresas do sector turístico seguirá as seguintes fases e actividades:
 
 
Proceso de selección de participantes
 
Co fin de conseguir unha correcta selección das persoas participantes desta VI Aceleradora de empresas do sector turístico, o Comité de Avaliación do proxecto Smartpeme realizará unha preselección entre os proxectos en base á documentación presentada polas persoas interesadas e por cada un dos criterios de valoración que están recollidos nas bases:
1. Memoria do proxecto: Os interesados terán que cumprimentar, xunto coa solicitude, un formulario de memoria do proxecto, cunha extensión máxima de 5 páxinas que deberá conter:
 
  • Obxectivo do proxecto
  • Misión, visión e valores
  • Actividade que realiza (no que se especifique por que se considera un modelo de negocio innovador no caso de selo; que elementos innovadores e tecnolóxicos incorpóranse, no caso de incorporalos; por que é escalable dixitalmente, no caso de selo; e por que xera impacto na provincia de Pontevedra, en caso de xeralo)
  • Descrición do produto/servizo
  • Que pretende alcanzar coa súa participación na VI Aceleradora de empresas do sector turístico
 
2. Perfil das persoas participantes: Presentación do equipo participante e da persoa delegada para a asistencia ao programa. 
 
Unha vez completada a preselección, os membros do equipo técnico de Smartpeme e o Comité de Avaliación realizarán unha pequena entrevista a aqueles proxectos preseleccionados co fin de coñecer e avaliar en detalle o seu potencial de negocio, implicación e necesidades para abordalo.
 
Unha vez realizadas as entrevistas e realizado o informe final, o Comité de Avaliación seleccionará a un máximo de 8 proxectos participantes na aceleradora. A resolución definitiva dos proxectos seleccionados publicarase tanto na web de Smartpeme como na da Deputación de Pontevedra e será comunicada á interesados vía correo electrónico.
 
Calquera aclaración respecto ás bases ou discrepancia debe ser remitida mediante correo electrónico á dirección info.smartpeme@depo.es.
 
Prazo de presentación
 
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o próximo 11 de decembro ás 23:59 horas, non considerándose ningunha candidatura presentada fóra de prazo. 
Polo que, se estás interesado en participar, fai clic AQUÍ
 
Período lectivo 
 
As actividades do Programa executaranse entre o 14 de decembro e o 15 de febreiro.
 
Preferentemente priorizaranse os asesoramentos de forma telemática, aínda que existirá a posibilidade de realizar asesoramentos de forma presencial en función das necesidades da persoa usuaria.
 
Para inscribirse ou consultar calquera dúbida poderá contactar co equipo do proxecto en:
Smartpeme Pontevedra 
Email: info.smartpeme@depo.es
Teléfono: 886 202 020
 
 

Fonte:  SmartPeme