Storytelling en Turismo - Actualidade
Actualidade
Storytelling en Turismo
Data: venres, 16 de outubro de 2020

Hoxe en día os profesionais do turismo teñen que buscar ferramentas cada vez máis elaboradas para poder destacar a súa actividade entre as miles de ofertas que hai e converterse na mellor experiencia para a persoa turista á hora de facer a súa viaxe.
É por iso polo que nace o Storytelling. Esta ferramenta publicitaria baséase en contar unha historia para conseguir un vínculo entre a persoa que a conta e a persoa que a ve.
En turismo, esta estratexia de márketing da moi bos resultados xa que conecta a parte emocional da clientela coa experiencia vivida nun destino. Se conseguimos crear unha boa historia e crear unha emoción positiva a través dela, inspiraremos ás persoas turistas a reservar unha viaxe a un destino, a facer unha experiencia que pensaban que nunca farían ou visitar un lugar que non coñecían.
Cando contas unha historia sobre un destino ou unha experiencia mostras os valores que che achegou e como che sentes cando chegas a casa. Co Storytelling, te diferenciarás da competencia ensinando a todos, con imaxes ou vídeos, as túas emocións vividas nun destino.
Por que da tan bos resultados? Porque xeran empatía, transmiten confianza á persoa usuaria, son elementos fáciles de lembrar e se á persoa usuaria gústalle o que ve, é moi fácil de compartir cos demais.
Debemos analizar varios elementos antes de lanzarnos a deseñar un Storytelling:
- Debemos ter claras as necesidades do tipo de turista ao que nos diriximos.
- Saber cal é o recurso que imos publicitar (recurso natural, recurso cultural, atractivo turístico...)
- Identificar a que público queremos chegar (un público máis tradicional, público familiar, público novo...)
- Especificar que sensacións queremos que se asocien ao noso destino.
- A música que imos elixir para captar a maior atención do noso público.
- Organizar a campaña de comunicación que imos levar a cabo e cales serán as redes sociais que imos utilizar.
Estes elementos deben estar estruturados da seguinte forma: unha introdución á historia que se vai a contar, un nó e un desenlace onde concluír o relato.
Aquí temos algúns dos mellores exemplos de Storytelling de Turismo Rías Baixas y Turismo de Galicia:
O máis importante é saber que non estamos vendendo un destino turístico senón a experiencia que se sinte ao estar nel e as sensacións que vamos a vivir.
Mariana Rosa
Asesora TurisTIC
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Xuño 2025 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
- Bizum: a evolución dos pagos dixitais16 de xuño de 2025 11:00Máis información
- Pinterest para e-commerce17 de xuño de 2025 12:00Máis información
- Growth Márketing: estratexias para un crecemento sostible do teu negocio17 de xuño de 2025 17:00Máis información
- Creación e análise dunha base de datos de aloxamentos18 de xuño de 2025 16:30Máis información
- Deseño 3D online con OnShape 1, xestión documental e primer deseño19 de xuño de 2025 12:00Máis información
- Crea vídeos de alto impacto só co teu Smartphone19 de xuño de 2025 17:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento