SmartPeme estrea app para iOS e Android - Actualidade
Actualidade
« Atrás
SmartPeme estrea app para iOS e Android
Data: martes, 08 de outubro de 2019
O pasado xoves día 3, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou a nova app do servizo Smartpeme.
Sendo conscientes do crecente uso das aplicacións móbiles (supoñen máis do 80% do tempo que se dedica ao uso dos teléfonos móbiles) e tratándose dun proxecto orientado a fomentar o uso das Novas Tecnoloxías, esta app supón un novo avance por parte da Deputación neste proxecto, que xa contaba con páxina web e redes sociais propias.
Con isto, conseguimos adaptarnos ás necesidades e cambios de consumo das persoas usuarias do servizo, fidelizándoas e ofrecéndolles un contacto coa rede máis áxil e cómodo; axudamos na difusión da rede na provincia de Pontevedra, dando a coñecer o programa a posibles novas persoas usuarias e podemos atender, de maneira máis eficiente, as peticións e suxerencias.
Con esta nova app, as persoas usuarias poderán estar conectadas á rede Smartpeme desde calquera lugar e dispositivo, estando dispoñible tanto en iOs como en Android. A través dela, poderán realizar distintas accións que ata agora realizaban desde a web ou no correo electrónico, como solicitar e xestionar as súas citas para os asesoramentos, recibir notificacións de información relevante, como a realización de obradoiros e eventos, así como inscribirse a estas actividades de capacitación. Tamén, conta cun apartado de axudas e subvencións que resulta de gran interese para as persoas usuarias, podendo consultar o tipo de axuda, o financiamento, o prazo de solicitude, etc.
Ademais, é interesante destacar que as persoas usuarias poderán filtrar as notificacións por oficinas, de maneira que lles chegará a información daquelas que máis lles interese.
Seguro que esta nova app de Smartpeme resultará útil e de axuda para todas as persoas usuarias da rede, facilitando as accións mencionadas e creando un maior vínculo co servizo.
Doutra banda, neste evento de presentación, contamos tamén co propietario e a propietaria do Albergue O Peirao que nos contaron a súa experiencia emprendedora co apoio de Smartpeme. Era unha antiga casa de pescadores que reformaron para convertelo no que é hoxe en día, un albergue que aloxa a peregrinos do Camiño de Santiago, un concepto innovador sen perder a esencia mariñeira que o caracteriza. Desde Smartpeme, queremos darlles as grazas por querer compartir a súa experiencia, e por confiar nas nosas persoas asesoras para o apoio no desenvolvemento do seu proxecto!
SmartPeme
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Xuño 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- Así funciona WhatsApp Business20 de xuño de 2024 11:00Máis información
- Social Media Listening: descobre que se di de ti nas RRSS25 de xuño de 2024 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento