Actualidade

Showroom Empresarial SmartPeme

Data:  xoves, 30 de xaneiro de 2020

O vindeiro luns día 3 de febreiro celebrarase, a partir das 10:00 da mañá, o Showroom Empresarial SmartPeme con motivo da inauguración da nova Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, que estará situada na Rúa Eduardo Chao 17-19.
 
O obxectivo principal da xornada non é outro que promocionar a apertura da nova oficina así como dar a coñecer algunhas das empresas e persoas emprendedoras usuarias da rede Smartpeme de toda a provincia, nun encontro no que 20 empresas participarán con stands expoñendo os seus produtos e servizos, favorecendo así o networking entre as mesmas.
 
Ademáis, teremos un pequeno almorzo onde as persoas emprendedoras e os visitantes poderán intercambiar pareceres.
 
Durante esta xornada, recibiremos a visita da Presidenta da Deputación de Pontevedra, Dª Carmela Silva Rego, que presentará o proxecto SmartPeme e recorrerá os stands das empresas para coñecer máis de preto a realidade emprendedora da provincia.
 
O encontro estará dirixido a PEMES, persoas emprendedoras e autónomas da provincia de Pontevedra, así como a aquelas persoas con potencial emprendedor e gañas de lanzar o seu proxecto, tanto se son usuarias da rede Smartpeme coma se non. 
 
Todas as persoas asistentes poderán visitar os distintos stands, falar cas personas emprendedoras, pedirlle consello ou resolver as dúbidas que teñan respecto ao mundo emprendedor en xeral.
 
As empresas que nos acompañarán durante toda a xornada serán as seguintes:
 
 
 
Para todos aqueles que queran acudir ao encontro, teñen a súa disposición o formulario de inscrición facendo clic aquí
 
Ven a coñecer a nosa nova oficina e todo o talento da provincia!

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2020 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento