Actualidade

Resolución II Programa de aceleración de empresas do sector comercio da provincia de Pontevedra

Data:  xoves, 10 de xuño de 2021

O 14 de xuño empezará a desenvolverse o II Programa de aceleración de empresas do sector comercio da provincia de Pontevedra desenvolto polo servizo Smartpeme da Deputación de Pontevedra. Esta aceleradora nace co obxectivo principal de axudar a este sector asesorando a pequenas empresas e persoas emprendedoras e autónomas a desenvolver novos proxectos e innovar nos negocios xa existentes, principalmente a través do e-commerce.
 
O Programa conta con dúas fases. Por unha banda, a mentorización, que inclúe o deseño da folla de roteiro a seguir para o desenvolvemento do proxecto e o programa intensivo de titorías, que consta de sesións de traballo individualizadas con persoas asesoras expertas en tecnoloxía, en imaxe dixital e sesións cun especialista en competitividade empresarial (todas elas adaptadas ás necesidades de cada proxecto).
 
A segunda fase serían as actividades de capacitación, compostas por distintos talleres enfocados ao e-commerce e redes sociais, imaxe dixital e competitividade empresarial.
 
As actividades do Programa de aceleración executaranse ata o 15 de outubro e o número de sesións e a frecuencia axustarase ás necesidades de cada empresa.
 
Unha vez realizadas as entrevistas persoais de selección vía telefónica, tendo en conta a información achegada polas persoas interesadas,  así como a súa memoria do proxecto e declaración de dispoñibilidade, e de acordo cos criterios para aplicar na selección dos participantes na II convocatoria do Programa de aceleración de empresas do sector comercio da provincia de Pontevedra, 10 proxectos foron os elixidos que pasan a formar parte deste Programa: Mª Ángeles Vázquez Martínez (Deseño e creación de pezas de alta costura), Produhostel (Distribución de produtos para a hostalería), Herbolario BIO (cosmética bio), AK (marroquinería con técnicas de artesanía rusa), Arual  Ecology (roupa sostible),  MimoBooks (Fundas de libros), Namaskar (asesoramento e venda de produtos  herbales), Mel e Canela (produtos ecolóxicos), Trees Ecosistemas (Deseño e rehabilitación de espazos naturais),  Cibertopía (servizos tecnolóxicos). 
 
A continuación, relaciónase a listaxe de persoas admitidas e persoas en reserva:
 
 
 
As principais demandas baséanse na creación ou actualización de páxinas web, desenvolvemento de tendas virtuais e xestión de redes sociais e outras ferramentas de promoción e publicidade que axuden a gañar visibilidade a estes negocios.
 
Desta maneira, axudarase á adaptación do comercio polo miúdo local ás novas tecnoloxías, conseguindo canles de venda e promoción que lles permitan chegar a máis clientela e así tratar de recuperar os meses de parón sufridos dende o comezo da pandemia.
 

Fonte:  SmartPeme



 

« Maio 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento