Quipu, facturación sinxela desde a nube para o teu negocio - Actualidade
Actualidade
Quipu, facturación sinxela desde a nube para o teu negocio
Data: mércores, 23 de xullo de 2014
Se che resulta difícil levar ó día as contas e tes dispersa a facturación, tes que probar Quipu, un programa de facturación e xestión financeira en liña dirixido a non expertos, que permite de forma sinxela xestionar as tarefas administrativas e, especialmente, as obrigas tributarias.
Quipu está especialmente indicado para autónomos e pemes. O seu sistema de xestión na nube permite o acceso á información desde calquera punto. Un dos seus puntos fortes é a xestión case automática dos pagamentos de IVE e IRPF, pero ten moitas outras características de interese:
- Fácil acceso a toda a información financeira: cun panel de control que centraliza a información e desde o que se pode acceder desde calquera lugar e dispositivo. Ademais pódense dar permisos para que outros usuarios poidan acceder á túa conta.
- Creación de facturas e orzamentos: de forma sinxela e con varios padróns pódense crear facturas para lles enviar ós teus clientes; permite ordenalas e converter orzamentos en facturas facilmente.
- Control de gastos: permite subir desde o móbil os tíckets grazas á aplicación Ticket Hunter e controlar os gastos, ordenalos e clasificalos para realizar as liquidacións de IVE e IRPF automaticamente.
- Xestión de cobros: clasifica os cobros de maneira sinxela e ten un sistema de notificación para levalos ó día.
- Xestión de provedores e clientes: Quipu permite dar de alta a todos os contactos necesarios para a xestión do teu negocio.
- Importar e exportar a información: permite descargar a información que necesitas, ordenala e presentala en gráficos.
- Cubre os modelos tributarios para autónomos.
Podes obter Quipu gratis durante 30 días sen compromiso. Usas algún programa de facturación no teu negocio? Que che parece Quipu? Paréceche importante gardar a información na nube?
http://www.masquenegocio.com/2014/07/18/quipu-facturacion-nube-negocio/
Fonte: http://www.masquenegocio.com
Rexistro
« | Xuño 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- O teu plan de márketing dixital paso a paso12 de xuño de 2024 11:00Máis información
- Así funciona WhatsApp Business20 de xuño de 2024 11:00Máis información
- Social Media Listening: descobre que se di de ti nas RRSS25 de xuño de 2024 11:00Máis información