Actualidade

Posta en marcha do III Programa de aceleración de empresas do sector turístico da provincia de Pontevedra

Data:  luns, 02 de novembro de 2020

Xa está en marcha o III Programa de aceleración de empresas do sector turismo da provincia de Pontevedra desenvolto polo servizo Smartpeme da Deputación de Pontevedra, que nace co obxectivo principal de axudar a este sector para reactivarse tras o parón sufrido polo Estado de Alarma, asesorando a pequenas empresas e persoas emprendedoras e autónomas a desenvolver novos proxectos e innovar nos negocios xa existentes, principalmente a través das novas tecnoloxías.
 
O Programa conta con dúas fases. Por unha banda, a mentorización, que inclúe o deseño da folla de ruta a seguir para o desenvolvemento do proxecto, acompañado por una persoa experta no turismo, e o programa intensivo de titorías, que consta de sesións de traballo individualizada con persoas asesoras expertas en tecnoloxía, en imaxe dixital e cun especialista en competitividade empresarial (todas elas adaptadas ás necesidades de cada proxecto).
 
A segunda fase serían as actividades de capacitación, compostas por distintos obradoiros enfocados ao turismo, a comercialización en liña de este tipo de establecementos e destinos turísticos, imaxe dixital e competitividade empresarial.
 
As actividades do Programa de aceleración executaranse ata o 12 de febreiro e o número de sesións e a frecuencia axustarase ás necesidades de cada empresa.
 
Entre unha vintena de proxectos candidatos, 10 foron os elixidos que pasan a formar parte deste Programa e que xa están a comezar a asesorarse: A Moura Galaica- Galicia Legends (mapa web interactivo), Viajes Airbus (axencia de viaxes), Amartumar (fomento do sector pesqueiro), Fundación Pazo de Mos (organización de actividades e eventos no Pazo), Mr & Mrs Kendall (servizo de experiencias personalizado), Capptus (xogo de captura nun destino), Turismo de Historias (actividades de formación e divulgación en Galicia con base na investigación histórica), Recunchos (axencia de viaxes en liña), Alecrín (empresa de turismo de natureza) e Corticata (rutas e actividades en Vilagarcía de Arousa). 
 
 
As principais demandas baséanse na aplicación das novas tecnoloxías para o sector turístico e o uso de ferramentas de promoción e publicidade que axuden a gañar visibilidade a estos negocios.
 
Desta maneira, axudarase á adaptación das empresas turísticas ás novas tecnoloxías, conseguindo novas canles e promoción que lles permitan chegar a máis clientela e así tratar de recuperar os efectos provocados pola Covid-19.
 

Fonte:  SmartPeme



 

« Maio 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento