Actualidade
« Atrás
Presta atención a estas aplicacións móbiles de Android: están infectadas cun malware
Data: xoves, 19 de setembro de 2019
Un novo virus malware na tenda de Android está a infectar a máis de 500.000 móbiles por todo o mundo. Así o daba a coñecer un grupo de investigadores en seguridade da empresa CSIS que observaron que o malware chamado Joker infectaría ata 24 aplicacións.
Este malware está deseñado para poder infectar ao dispositivo móbil, integrarse no sistema silenciosamente e rexistrar aos usuarios en servizos de subscripción premium, co fin de roubarlle ata sete dólares por semana.
O funcionamento do Joker simula un proceso de rexistro en calquera aplicación. A continuación, este virus fai clic nun anuncio dentro destas "apps infectadas" e volve a repetir a simulación dun rexistro cando se atopa dentro do sitio web. A partir dese momento, o malware pode chegar a roubar información privada dos usuarios, así coma mensaxes de texto, contactos ou outra información sobre o seu terminal.
Google Play xa tomou cartas no asunto e eliminou as 24 apps infectadas da súa tenda, pero todavía poden seguir instaladas en móbiles de usuarios de todo o mundo. Joker infectou xa terminais de máis de 30 países, incluíndo España. A solución máis segura é eliminar estas apps dos terminais.
A continuación, nomeamos as apps infectadas polo malware Joker :
• Advocate Wallpaper
• Age Face
• Altar Message
• Antivirus Security – Security Scan
• Beach Camera
• Board picture editing
• Certain Wallpaper
• Climate SMS
• Collate Face Scanner
• Cute Camera
• Dazzle Wallpaper
• Declare Message
• Display Camera
• Great VPN
• Humour Camera
• Ignite Clean
• Leaf Face Scanner
• Mini Camera
• Print Plant scan
• Rapid Face Scanner
• Reward Clean
• Ruddy SMS
• Soby Camera
• Spark Wallpaper
Fátima Faílde
Asesora TIC SmartPeme
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Decembro 2019 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |
- Barro- Iniciación á impresión 3D12 de decembro de 2019 17:00Máis información
- Pontevedra- Motores de reservas para empresas turísticas12 de decembro de 2019 17:00Máis información
- Cambados- Ferramentas de google para a promoción de negocios locais12 de decembro de 2019 19:00Máis información
- Lalín- Vídeo co teu smartphone: crea, grava e edita como un profesional12 de decembro de 2019 19:00Máis información
- O Porriño- Design Thinking12 de decembro de 2019 19:00Máis información
- Ponteareas- Facebook Ads12 de decembro de 2019 19:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento