Presentación SmartPeme Ponteareas - Actualidade
Actualidade
Presentación SmartPeme Ponteareas
Data: martes, 25 de outubro de 2016
O vindeiro luns 12 de decembro do 2016, as 10:00 horas, terá lugar a presentación da rede SmartPeme no Centro de Desenvolvemento Local (Lomba do Cruceiro, 5, Ribadetea), en Ponteareas.
Dona María del Carmen Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra, Don Francisco Javier Dios Pomares, deputado provincial de Innovación e Promoción Económica e Don Xosé Represas Giráldez, alcalde de Ponteareas, presentaran os servizos que presta SmartPeme ao sector empresarial de Ponteareas.
SmartPeme é unha rede de asesores cualificados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) a disposición do tecido empresarial onde se presta un servizo de información e asesoramento presencial e personalizado de maneira gratuíta.
Así mesmo, o acto contará coa intervención do Xefe de Proxecto de SmartPeme, Jose Antonio Piñeiro, e do asesor TIC SmartPeme Francisco Lorenzo Castro, que afondaran en como a carteira de servizos SmartPeme pode axudar a mellorar o seu servizo, e resolveran as dubidas que poidan xurdir.
Para rematar, no caso de estar interesado nos servizos ofertados, trala xornada pode ter a súa primeira reunión individualizada con seu asesor TIC. Para iso, rogámoslle que solicite cita previa chamando ao 886 20 20 20, mediante correo electrónico (info.smartpeme@depo.es) ou indicándoo no formulario de inscrición.
Para asistir so é preciso inscribirse mediante este formulario.
10:00 - Apertura da Xornada
María del Carmen Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra
Xosé Represas Giráldez, alcalde de Ponteareas
10:15 - Presentación da carteira de servizos SmartPeme
José Antonio Piñeiro Sineiro, responsable da rede SmartPeme
Francisco Lorenzo Castro, asesor TIC
10:45 - Peche do acto de presentación
Francisco Javier Dios Pomares, deputado provincial de Innovación e Promoción Económica
11:00 - Descanso
11:30 - Reunións con asociacións
12:30 - Reunións individuais co/a asesor/a TIC (cita previa, preferentemente)
14:00 - Descanso comida
15:30 - Reunións individuais co/a asesor/a TIC (cita previa, preferentemente)
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Outubro 2025 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Sácalle proveito ao email márketing con Brevo20 de outubro de 2025 12:00Máis información
- AI Overviews: novas regras para clasificar en primeiro lugar en Google21 de outubro de 2025 12:00Máis información
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google22 de outubro de 2025 12:00Máis información
- Edita vídeos fácilmente desde o teu Smartphone: Edits23 de outubro de 2025 12:00Máis información
- Aplicacións de IA para automatizar procesos na túa empresa II23 de outubro de 2025 17:00Máis información
- OnShape 5 - Montaxe ou ensamblado de pezas27 de outubro de 2025 11:30Máis información