Actualidade

« Atrás

Por que usar cloud computing?

Data:  mércores, 01 de xullo de 2015

Cloud Computing

Cando queremos definir que é a nube ou o cloud computing  (computación na nube) referímonos a un amplo espectro de solucións que se nos ofrecen como servizos a través de internet.

Cada día é maior o abano de solucións que se nos presentan no ámbito colaborativo, e tamén a necesidade de acceder á información e ós recursos en calquera momento e calquera lugar. Isto lévanos a unha serie de reflexións sobre como o negocio está a cambiar e como vai cambiar no futuro próximo.

Termos como dispoñibilidade, axilidade, colaboración, control… son a base deste novo modelo TI.

A computación na nube é un modelo de prestación de servizos de negocio e tecnoloxía baixo demanda que lle permite ó usuario acceder a diferentes  servizos estandarizados e responder con eles ás necesidades internas do seu negocio dunha maneira flexible e adaptada ás súas necesidades en cada momento.

Este modelo baséase no rendemento e a escalabilidade do sistema, xa que en caso de demandas non previsibles ou de picos de traballo podemos incrementar a nosa demanda de servizo pagando unicamente polo consumo efectuado.

As principais vantaxes da computación na nube son as seguintes:

É un sistema baixo demanda, de pago por uso, elástico, automatizable e ubicuo.

Ofrécesenos unha serie de recursos dispoñibles 24/7 distribuídos en servidores remotos.

Podemos definir tres modelos de cloud computing :

·         Cloud público: compartido, Virtual Private Cloud, hardware dedicado

·         Cloud híbrido: integra público e privado

·         Cloud privado: todo o equipamento dedicado

Son moitos os aspectos que fan deste modelo un recurso moi demandado.

El certificado digital en la gestión documental factura digital

O primeiro paso en cloud  é ver quen son os seus posibles demandantes, que é o mesmo que dicir que servizos son candidatos a implantarse ou migrarse a sistemas de computación na nube. Entre eles cabe destacar os novos servizos desenvolvidos xa para a nube ou con alcance global, sobre todo naquelas empresas que buscan expandirse, contornas de desenvolvemento e probas para aqueles que en moitas ocasións necesitan traballar en contornas reais sen depender dunha ventá de tempo para realizar os seus test de implantación, contornas de formación, servizos con duración limitada no tempo (p. ej., campañas de mercadotecnia) onde a demanda por picos se liquida lanzando e apagando instancias de forma flexible e de custo aliñado á demanda, os Disaster Recovery de aplicacións locais, os servizos con uso intensivo de proceso (p. ex., analítica de datos), storage ou almacenamento masivo de información, políticas de backup e archiving corporativos.

Algúns aspectos para ter en conta son o aforro nos investimentos propios, a mellora da produtividade ó traballar en contornas colaborativas, a redundancia da información… Isto converte a computación na nube nun modelo que responde á maioría das preguntas que xorden ó iniciarmos un proceso de mellora empresarial.

Grazas a este sistema obteremos grandes vantaxes, cuxos aspectos clave pasamos a mencionar a continuación: estamos a falar dunha contorna fiable para despregar procesos críticos, adecuando os recursos TI en cada momento ás necesidades reais, cunha gran capacidade de adaptación, con capacidade para optimizar custos e procesos e que nos permite dispoñer dunha gran variedade de escenarios e ámbitos de aplicación.

Por isto, a miña recomendación é facernos esta pregunta :

"Cloud. Debo estar aí? E por que non na empresa?"

José Luis Taboada Fernández

Asesor TIC del CPAE 2.0

Inxenieiro informático

 

Fonte:  CPAE