Actualidade

« Atrás

Pontevedra acolle unha xornada centrada na internacionalización do sector turístico galego

Data:  martes, 18 de decembro de 2018

Clúster Turismo de Galicia e Deputación de  Pontevedran volven tender pontes de cooperación para celebrar este mércores, 19 de decembro, unha xornada profesional orientada ao sector turístico galego baixo o título "O reto da internacionalización para o sector turístico" que terá lugar na sede da Deputación provincial, en Pontevedra.
 
O programa da xornada estrutúrase ao redor dunha única xornada de mañá, que se desenvolverá a través de relatorios e mesas redondas nas que participarán expertos en materia de internacionalización, co fin de ofrecer claves e estratexias de éxito no desafío da comercialización turística a nivel internacional, abordando as dificultades propias que entraña a captación de fluxos turísticos en mercados estranxeiros. En concreto nesta edición das xornadas de internacionalización do Clúster centrarase no mercado alemán e o portugués.
 

Fonte:  Clúster Turismo de Galicia