Actualidade

« Atrás

Participantes II Aceleradora Multisectorial de Empresas SmartPeme

Data:  martes, 06 de xuño de 2023

O 6 de xuño dará comezo a II Aceleradora Multisectorial de Empresas SmartPeme, desenvolta polo servizo SmartPeme da Deputación de Pontevedra. Esta segunda edición ten como propósito prestar apoio e guía na mellora e optimización dos recursos das empresas mediante a incorporación de novas tecnoloxías.

A aceleradora conta con dúas fases complementarias. Por unha banda, a aceleradora consistirá na mentorización, con sesións de traballo individualizadas da man de persoas asesoras expertas en competitividade empresarial, novas tecnoloxías e imaxe dixital (todas elas adaptadas ás necesidades de cada proxecto). Doutra banda, o desenvolvemento de actividades de capacitación, compostas por distintos obradoiros.

As actividades da II Aceleradora Multisectorial de Empresas executaranse ata o 18 de xullo e realizaranse en formato en liña. A programación prevista é a seguinte:

Unha vez realizado o proceso de selección, tendo en conta a información achegada polas persoas interesadas, así como a súa memoria do proxecto, na II Aceleradora Multisectorial de Empresas Smartpeme, 8 proxectos foron os elixidos que pasan a formar parte desta Aceleradora.

  • Pequenanos: Proxecto cuxo obxectivo é captar a clientes que estean interesados nos produtos artesanais, que poñan en valor os detalles dun produto feito a man. Pequenanos busca personalizar e vender algo único.
  • ElbaQR:  O obxectivo do proxecto "elbarQR" é proporcionar á clientela unha forma conveniente e eficiente de realizar pedidos e solicitar servizos en establecementos de comida e bebida a través do teléfono móbil.
  • Luminar Fotografía: Ofrece servizos de fotografía e vídeo de alta calidade a persoas arquitectas, interioristas, hoteis, empresas e persoas emprendedoras para a súa web, redes sociais, revistas e porfolio de produtos.
  • Habla y convence: Os Obxectivos primordiais de "Habla y convence", é asesorar a empresas públicas, privadas e persoas profesionais, para que poidan cubrir as súas necesidades de adaptación, comunicación e negociación corporativa, respectando os usos e costumes de cada cultura, antes, durante e posteriormente ao lugar onde residan.
  • Galaicotec: Este proxecto ofrece solucións informáticas e de desenvolvemento web de vangarda, centrándose na creación dunha aplicación de xestión empresarial integral. Busca proporcionar ás empresas as ferramentas necesarias para xestionar eficientemente as súas operacións, maximizar a súa produtividade e tomar decisións informadas baseadas en datos.
  • Rangers Academy: Centro onde se ofrece un servizo de clases de inglés personalizadas e deseñadas para un máximo de 5 persoas alumnas por sesión. Enfócase en adaptar o contido ás necesidades individuais de cada  persoa estudante, brindando unha experiencia de aprendizaxe altamente efectiva e innovadora. 
  • Stored Teller: O obxectivo deste proxecto é diminuír e/o esgotar o produto almacenado e non vendido no comercio téxtil. pretende ser a plataforma de compra-venda dese inventario orfo. Ser o intermediario e o medio para os retallistas do sector téxtil.
  • Smartvets S.L: Esta proposta de negocio vai enfocada no desenvolvemento dunha App dixital para ofrecer servizos sanitarios e de benestar en liña ás mascotas e ao desenvolvemento dun concepto de tenda física que integre estes mesmos servizos nun ambiente sostible.

Fonte:  SmartPeme