O CITIC e o Clúster TIC xuntan forzas para amosar o potencial das tecnoloxías intelixentes nos negocios - Actualidade
Actualidade
O CITIC e o Clúster TIC xuntan forzas para amosar o potencial das tecnoloxías intelixentes nos negocios
Data: martes, 24 de xuño de 2014
luns 23 de xuño do 2014, por
-

- Exterior do centro de investigación TIC con sede no Campus da Coruña
O CITIC segue adiante coa súa intensa actividade de divulgación, unha faceta coa que tendes pontes de comunicación coas profesionais tecnolóxico-dixitais da nosa terra e en última instancia coa cidadanía galega. Nesta liña informativa (complementaria da investigadora e consecuencia desta) é onde se insire a xornada técnica prevista para o vindeiro 3 de xullo, no propio edificio do centro tecnolóxico coruñés no campus de Elviña. O evento Tecnoloxías Intelixentes: aplicacións e oportunidades de negocio, organizado polo CITIC e mailo Clúster TIC Galicia, servirá entre outras cousas para amosar de primeira man o potencial das tecnoloxías intelixentes no eido empresarial.
Entre os proxectos que se van presentar ao longo da xornada figuran o proxecto inLOC para a localización de interiores (aproveitamento de infraestruturas alternativas aos sistemas GPS, para o seu uso en interiores, Wi-Fi principalmente pero tamén Bluetooth Low Energy ou Ultrawideband) ou o proxecto MiaSoft, do que xa temos falado en Código Cero e que consiste nun software integrado para o control e seguimento intelixente do Síndrome de Apneas/Hipopneas do Sono, analizando os sinais monitorizados en pacientes sometidos á polisomnografía nocturna.
Segundo informa a organización do evento, os investigadores do CITIC estarán dispoñíbeis para solucionar as dúbidas das persoas que estean interesadas nestas ou noutras iniciativas do centro tecnolóxico, presentando liñas de traballo e amosando as demostracións específicas.
A asistencia á xoranda é aberta pero, debido á limitación de aforo, é preciso o rexistro de todos os asistentes enviando un correo ao enderezo info@clusterticgalicia.com antes do martes 1 de xullo.
Fonte: http://codigocero.com/O-CITIC-e-o-Cluster-TIC-xuntan
Rexistro
| « | Decembro 2025 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | 31 | ||||
- Affinity by Canva II - marca e coherencia09 de decembro de 2025 12:00Máis información
- Planificación financieira para emprendedores10 de decembro de 2025 12:00Máis información
- Crea campañas de nadal para aumentar as reservas do teu aloxamento11 de decembro de 2025 12:00Máis información
- Affinity by Canva III - Affinity Photo: edición profesional12 de decembro de 2025 12:00Máis información
- A evolución dos pagos dixitais: Bizum, presente e futuro no eCommerce15 de decembro de 2025 12:00Máis información
- Ciberseguridade IV - redes: protexe os datos da túa empresa16 de decembro de 2025 12:00Máis información