Actualidade

Novas redes sociais para turismo

Data:  venres, 20 de novembro de 2020

As redes sociais evolucionaron rapidamente desde os seus comezos e este ano, coa pandemia, xurdiron novos movementos sociais e novas formas de comunicarnos durante o confinamento. 
 
O sector turístico foi dos que máis notou este impacto, tendo que adaptar as viaxes a un formato dixital e adaptando o márketing para que a xente puidese imaxinar os seus destinos soñados desde o seu teléfono móbil.
 
Durante estes meses, as persoas propietarias de servizos turísticos evolucionaron os seus modelos de negocio para conseguir achegarse máis aos turistas a través de novas ferramentas sociais, entre as que destacan: 
 
Os Stories de Instagram
 
Instagram era a rede social máis usada despois de Facebook. Cando sacou o formato de "Stories", estas triunfaron, xa que son vídeos curtos que ocupan toda a pantalla do móbil e capturan na súa totalidade a atención do usuario. 
 
Como chamar a atención dos teus seguidores/ as:
  • Creando un contido de calidade, é dicir, non só compartir imaxes de promocións ou descontos, o contido que máis triunfa neste sector é cando se fala de experiencias ou consellos para os/as viaxeiros/as.
  • Comparte o contido que xeren os teus seguidores/as sobre a túa marca para desta forma conseguir maior interacción.
  • Dálle cor ao fondo dos teus stories e colócaos onde queiras na pantalla.
  • Indica a localización dos sitios que visites para que poidan desprazarse nun futuro.
  • Lembra sempre contestar as súas mensaxes, comentarios ou preguntas para conseguir un maior feedback.
  • Deseña o teu propio hashtag para conseguir unha maior identidade e anima a que usen as etiquetas do teu establecemento.
  • Crea stories destacadas, con información interesante como: promocións, preguntas frecuentes, como chegar, información adicional, etc.
Tamén hai que destacar o novo formato ofrecido por Instagram chamado Reels, unha versión das stories máis estendida que nos permite crear vídeos de ata 30 segundos de duración e aos que se lles pode engadir variedade de efectos, facendo que o contido sexa moito máis visual e que de igual maneira pódenos axudar a promocionar a nosa empresa turística.
 
WhatsApp Business
 
Outra rede social que implantou novas funcionalidades é WhatsApp, xa que sacaron esta variación gratuíta da súa app para unha comunicación máis profesional e rápida entre empresas e persoas consumidoras.
 
 Esta app permítenos:
  • Axustar o perfil da nosa empresa, mostrando todos os datos necesarios para que os turistas póidanse poñer en contacto connosco.
  • Editar a categoría dos nosos servizos como: servizos de spa, hoteis, hostalería, eventos…
  • Engadir un catálogo con todos os produtos dispoñibles categorizados por maior número de estrelas ou máis vendidos.
  • Podes engadir mensaxes automáticas cando estás ausente ou mensaxes de benvida para os hóspedes. 
Existen moitas máis características dentro desta aplicación que podes ir atopando a medida que vas dedicándolle tempo a esta ferramenta.
 
Tik Tok
 
A propagación da pandemia mundial fixo que as descargas desta rede social subisen un 96% y se convertera na app máis descargada deste ano.
 
Esta aplicación permite crear, editar e subir á rede vídeos de entre 15 segundos e un minuto podendo aplicar distintas temáticas: musicais, humor, experiencias en viaxes, consellos sobre unha marca ou un destino, etc.
 
Que debemos facer para sacarlle o maior partido no turismo?
  • Utilizar o hashtag #TikToktravel para que todas as persoas usuarias amantes dos viaxes poidan encontrarte entre os seus vídeos favoritos.
  • Utilizar o apartado "for you" para encontrar persoas ou vídeos de contas que aínda non segues e crear feedback.
  • Buscar cales son as tendencias no sector e seguir ás contas con contido parecido ao teu.
  • Subir contido de calidade, engadindo as ubicacións dos sitios que mostras.
  • Contar experiencias ou mostrar consellos útiles sobre viaxar nun formato divertido ou que chame a atención da persoa consumidora.
O máis importante é non ter medo a deixarse levar pola imaxinación e investigar por un/unha mesmo/a cales son todas as funcionalidades que temos dentro destas apps. 
 
Se conseguimos publicar contido de forma habitual nestas redes, pódense converter nun gran aliado para fortalecer a presenza da nosa marca turística.
 
Se necesitas axuda para a configuración destas ferramentas ou novas ideas para o deseño e a promoción, ponte en contacto co equipo asesor de SmartPeme para recibir asesoramento.
 
Mariana Rosa
Asesora TurisTIC

Fonte:  SmartPeme



 

« Maio 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento