Marketing de influencers: Outra maneira de facer marketing - Actualidade
Actualidade
« Atrás
Marketing de influencers: Outra maneira de facer marketing
Data: xoves, 26 de agosto de 2021
Antes de nada, dicir que un dos puntos que resulta interesante desta ferramenta de márketing é que non se percibe pola persoa consumidora como unha publicidade tan invasiva como resultan outras estratexias de márketing tradicionais, e grazas a estas e estes influencers podemos chegar a unha rede de persoas enorme con gustos e intereses moi definidos e relacionado directamente coa marca.
Non é novo o concepto de márketing de recomendación, co que a persoa consumidora entre o seu proceso de procura de información para consumir ou non un produto ou servizo, quere saber a opinión doutras persoas, e é aquí onde entra en escena a figura do influencer.
Pero vexamos os datos recolleitos polo Estudo IAB sobre Redes Sociais, no que un 68% das persoas enquisadas declararon seguir a influencers en redes sociais. En España, as mulleres (na súa maioría) seguen a máis influencers que os homes, doutra banda, o 29% das persoas que seguen a influencers len e comparten o contido que xeran e o 71% unicamente leno. As redes sociais que máis utilizamos os españois para seguir a influencers son Facebook (45%), Instagram (40%), Youtube (33%) e Twitter (23%).
Segundo un estudo realizado pola compañía RhythmOne, as marcas que decidiron realizar campañas de márketing con influencers xeraron 11.20$ por cada 1$ investido e, é por isto, que o márketing de influencia ten un ROI 3 veces maior que o márketing tradicional e cun 62% menos de custo.
Ademais, a plataforma de influencers Influencity di que unha das tendencias será a creación de campañas de márketing con micro influencers, xa que se dirixen a públicos máis concretos e logran así mellores cocientes de compromiso.Doutra banda, máis do 60% dos profesionais do márketing desenvolveu campañas con influencers durante o último ano.
As principais razóns polas que as marcas fan campañas de márketing con influencers son:
- Lanzamento de novos produtos (35%)
- Realización de eventos (33%)
- Anuncios corporativos (25%)
- Promoción do contido (7%)
Tendo todos estes datos, para finalizar, imos contar (de forma esquemática) cales son os pasos para seguir na túa estratexia de márketing con influencers:
1. Obxectivos de campaña. Do mesmo xeito que fariamos con calquera campaña de márketing, temos que determinar cales son os obxectivos da campaña.
2. Identifica ás e os influencers relacionados coa túa marca. Fíxache na súa relevancia, alcance e resonancia, e se o seu contido encaixa cos teus valores e estilo como marca.
3. Define un orzamento.
Termina executando a campaña e medindo a súa efectividade para determinar a súa rendibilidade e se é unha ferramenta que continuarás usando ao longo do tempo.
María Aller
Asesora TIC
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Xuño 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- Así funciona WhatsApp Business20 de xuño de 2024 11:00Máis información
- Social Media Listening: descobre que se di de ti nas RRSS25 de xuño de 2024 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento