Actualidade

« Atrás

Lanzamento segunda edición do espazo de coworking de Barro-Meis

Data:  xoves, 10 de maio de 2018

Seguramente moitos de vós tivestes a idea de crear un proxecto empresarial, pero son poucas as persoas que se atreven a levalo a cabo. Desde a Deputación de Pontevedra e a Escola de Organización Industrial (EOI) son conscientes das dificultades que afrontan as persoas emprendedoras, é por iso que este mes de maio lanzarase a 2ª Edición do  Coworking que se realiza no viveiro de Barro.

Esta segunda edición acollerá 20 proxectos promovidos por persoas que están en período de reflexión sobre o seu proxecto, que xa teñen empresa creada (constituída no últimos seis meses) ou de empresarias e empresarios que queren abrir unha nova liña de negocio diferente da que xa teñen.

Durante cinco meses, as persoas beneficiarias terán  mentorización personalizada (40 h por proxecto) nas que se traballarán conceptos esenciais para o desenvolvemento da súa idea empresarial: deseño do modelo de negocio, análise do mercado, viabilidade económica, etc., dando resposta ás necesidades que vaian xurdindo durante estes meses de acompañamento.

Ademais destes asesoramentos individuais, a iniciativa conta con máis de 60 h de formación especializada. Algunhas das materias que se impartirán son:

  • Habilidades de comunicación e negociación
  • Competencias emprendedoras
  • Creatividades e innovación aplicada ao mundo empresarial
  • Metodoloxía Lean Star Up adaptada ao modelo de negocio
  • Como poñer en marcha un plan e márketing dixital
  • Viabilidade económica
  • A toma de decisións
  • Creación de alianzas

Doutra banda, celebraranse diferentes actividades encamiñadas a potenciar a colaboración entre as persoas beneficiarias e compartir experiencias, contando con relatos doutras persoas inspiradoras.

A edición pecharase cun Demo  Day onde se presentarán publicamente os proxectos que participaron no  coworking.

Todas estas accións están subvencionadas, polo que o proxecto emprendedor non terá que asumir custos.

Se desexa máis información sobre a segunda convocatoria do  coworking, pode facelo a través da seguinte páxina web ou pode inscribirse na seguinte ligazón.

 

Fonte:  SmartPeme