Lanzamento segunda edición do espazo de coworking de Barro-Meis - Actualidade
Actualidade
Lanzamento segunda edición do espazo de coworking de Barro-Meis
Data: xoves, 10 de maio de 2018
Seguramente moitos de vós tivestes a idea de crear un proxecto empresarial, pero son poucas as persoas que se atreven a levalo a cabo. Desde a Deputación de Pontevedra e a Escola de Organización Industrial (EOI) son conscientes das dificultades que afrontan as persoas emprendedoras, é por iso que este mes de maio lanzarase a 2ª Edición do Coworking que se realiza no viveiro de Barro.
Esta segunda edición acollerá 20 proxectos promovidos por persoas que están en período de reflexión sobre o seu proxecto, que xa teñen empresa creada (constituída no últimos seis meses) ou de empresarias e empresarios que queren abrir unha nova liña de negocio diferente da que xa teñen.
Durante cinco meses, as persoas beneficiarias terán mentorización personalizada (40 h por proxecto) nas que se traballarán conceptos esenciais para o desenvolvemento da súa idea empresarial: deseño do modelo de negocio, análise do mercado, viabilidade económica, etc., dando resposta ás necesidades que vaian xurdindo durante estes meses de acompañamento.
Ademais destes asesoramentos individuais, a iniciativa conta con máis de 60 h de formación especializada. Algunhas das materias que se impartirán son:
- Habilidades de comunicación e negociación
- Competencias emprendedoras
- Creatividades e innovación aplicada ao mundo empresarial
- Metodoloxía Lean Star Up adaptada ao modelo de negocio
- Como poñer en marcha un plan e márketing dixital
- Viabilidade económica
- A toma de decisións
- Creación de alianzas
Doutra banda, celebraranse diferentes actividades encamiñadas a potenciar a colaboración entre as persoas beneficiarias e compartir experiencias, contando con relatos doutras persoas inspiradoras.
A edición pecharase cun Demo Day onde se presentarán publicamente os proxectos que participaron no coworking.
Todas estas accións están subvencionadas, polo que o proxecto emprendedor non terá que asumir custos.
Se desexa máis información sobre a segunda convocatoria do coworking, pode facelo a través da seguinte páxina web ou pode inscribirse na seguinte ligazón.
Fonte: SmartPeme